Skip to Content

25 DE NOVEMBRO

25 DE NOVEMBRO

Para conmemorara este día unha frase que luce ben bonita de Dna Emilia Pardo Bazán, nome do noso cole e que lucimos con moito orgullo.

DEREITOS DOS NENOS E NENAS

20 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

 

Traballo feito polo alumnado de Educación Infantil do noso cole (preme na imaxe para velo)

Onda Ti

Unha das actividades máis motivadoras e que nos uniu durante ese longo confinamento, foi o noso programa de radio Onda Ti. Esperabamos con ansia o domingo pola mañá para poder escoitarnos e sentirnos un pouquiño máis preto e que rematou cando xa nos podiamos ver e saír de novo.

A entrevista á nosa Alcaldesa, Inés Rey, foi o remate desa primeira tempada e con ela quixemos comezar esta nova, pero agora en directo, no noso recentemente estreado estudio de radio.

Hoxe puidemos realizar esa entrevista que poderedes escoitar a partir da vindeira semana na que publicaremos o programa que se foi preparando nos meses de outubro e novembro.

 Moitísimas grazas pola túa visita!!!!

Escoitámonos en Onda Ti!

 

Asemblea ANPA

AVISO ANPA

No blog da ANPA hai información importante sobre os cambios na súa próxima asemblea do xoves día 29:

https://milnenosgalego.blogspot.com/2020/10/cambios-na-asemblea-do-xoves...

AVISO IMPORTANTE!!!!

AVISO IMPORTANTE!!!

Estimadas familias:

O Equipo directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias desde o momento no que se recibe a notificación dun caso confirmado positivo.

O Protocolo indica que o equipo COVID do Centro comunica a incidencia de forma inmediata ás Xefaturas Territoriais de Educación e Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e contactará coas familias que poideran estar afectadas.

Os centros educativos temos a obriga de gardar a confidencialidade e garantir o anonimato de posibles afectados segundo establece a Lei de Protección de Datos.

Atentamente.

Equipo directivo e Equipo COVID.

CAMBIOS NAS ENTRADAS E SAIDAS

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

CAMBIOS NAS ENTRADAS E SAÍDAS:

A partir do martes 13 procederemos a realizar as entradas e saídas do seguinte xeito:

E. Primaria:

Entradas:

8:50. 6º e 5º

8:55: 4º e 3º

9:00: 1º e 2º

Saídas:

13:50: 5º e 6º

13:55: 3º e 4º

14:00: 1º e 2º

E. Infantil:

Entradas: acompañarase ao neno/a ata o portalón do patio correspondente, por onde entran agora, desde

alí irán sós ata a porta da súa aula, será o profesorado de garda o que se encargará de controlar a entrada.

5 anos: 8:50. Portón do comedor ata a cancela

4 anos: 8:55.

- Aulas 4 e 5: Portón de comedor ata a cancela próxima ao aula 1.

- Aula 6: Polo pavillón ata a cancela doutro lado.

3 anos: 9:00. Polo pavillón ata a cancela do patio

*as aulas 6, 7, 8, 9 poden entrar polo portón do comedor pero seguirán pola parte baixa do cole ata chegar

ás escaleiras que os levan á súa entrada.

Saídas: recóllense diante da porta da aula como agora

5 anos: 13:40

4 anos: 13:45

3 anos: 13:50

*se alguén ten que recoller máis dun neno/a, primeiro colle ao maior e logo sae pola porta que lle

corresponde ao pequeno. (para E. Infantil)

IMPORTANTE: deberase respectar a porta de entrada e saída para evitar aglomeracións no patio.

 

 

ENKI

 Na galería poderedes ver entre outros o flamante primeiro premio. Noraboa. 

  

 

O curso pasado participamos como cole na carreira ENKI: "Los piratas del Emilia".

Este ano é especial e será virtual, pero voltaremos a participar como centro e como familia, co mesmo nombre e ca mesma ilusión. Animádevos a participar, a ANPA dinos cómo podemos facelo.

Desde o cole propoñeremos, na semana do 5 ao 10, retos diarios para que fagades en familia dun xeito divertido e compartades con nós.

 

 

 SEMANA ENKI

Tiñamos moitas ganas de que chegara esta semana e xa está aquí!!

Aínda que este ano é virtual non vamos a deixar de participar e pasalo ben, esta vez en familia e na casa pero ca mesma ilusión.

Para que vos animedes a participar, cada día retarémosvos a facer diferentes probas.

Seredes capaces de superalas?

Ao final da semana enviade ao correo emiliapb21@gmail.com, as probas de que fostes capaces de pasar os nosos retos, poden ser fotos ou vídeos.

 

A POR TODAS CORREDORES E CORREDORAS!!

 

 

RETOS DA SEMANA

LUNS

MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

 

No seguinte enlace tedes a información da ANPA e como participar:

carreira ENKI

ÍDESVOLO PERDER? estade atentos....

INTERESANTE VÍDEO DUNHA PEDIATRA SOBRE O COVID19 E A VOLTA AO COLEXIO

Queremos compartir un vídeo que resolve moitas das dúbidas que xorden con respecto ao COVID19 como poden ser cándo debemos quedar na casa, ou quen ten que ser confinado entre outras. Para velo aquí tedes o acceso: https://www.facebook.com/luciamipediatra/videos/451449639114853/?extid=Po5J8i8OHmA0r3F4

Cóidate e Cóidanos

 

Todos somos responsables Cuídate e Cuídanos de CEIP Emilia Pardo Bazán Coruña

INICIO DE CURSO. HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS.

Seguindo a adaptación do calendario escolar da Xunta de Galicia e as adaptacións ao noso centro terase en conta que soamente poden acceder ao interior do recinto escolar un pai, nai ou titor legal do alumnado de educación infantil ou de alumnado con NEAE. O inicio do curso escolar queda do seguinte xeito:

XOVES 10 DE SETEMBRO (4º e 5º de E. INFANTIL E 1º,2º E 3º DE PRIMARIA):

ENTRADAS:

EDUCACIÓN INFANTIL:

  • 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos): Seguindo o período de adaptación.
  • 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos): Ás 9:00 horas aula nº6 pola porta do lado do pavillón polideportivo. Ás 9:00 horas aulas nº4 e nº5 polo portalón do comedor, acceso inferior do edificio de infantil.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 3º DE PRIMARIA ás 9:00 horas (Polo lado esquerdo do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado esquerdo).
  • 2º DE PRIMARIA ás 9:10 horas (Polo lado esquerdo do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado esquerdo).
  • DE PRIMARIA ás 9:30 horas (Polo lado dereito do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado dereito. O resto do curso o alumnado de primeiro entrará ás 9:10 polo mesmo sitio).

SAÍDAS:

EDUCACIÓN INFANTIL:

  • 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos) Seguindo o período de adaptación.
  • 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos): 13:40 horas polo mesmo sitio que entraron.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  •  3º DE PRIMARIA ás 14:00 horas polo portalón de entrada
  •  2º DE PRIMARIA ás 14:10 horas polo portalón de entrada
  •  1º DE PRIMARIA ás 14:10 horas polo portalón de entrada

VENRES 11 DE SETEMBRO (TODO O ALUMNADO):

ENTRADAS:

EDUCACIÓN INFANTIL:

  • 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos): ás 8:50 horas polo portalón do comedor, acceso inferior do edificio de infantil.
  • 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos): Seguindo o período de adaptación.
  • 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos): Ás 9:00 horas aula nº6 pola porta do lado do pavillón polideportivo. Ás 9:00 horas aulas nº4 e nº5 polo portalón do comedor, acceso inferior do edificio de infantil.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 5º DE PRIMARIA ás 8:50 horas (Polo lado dereito do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado dereito).
  • 6º DE PRIMARIA ás 8:50 horas (Polo lado esquerdo do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado esquerdo).
  • 4º DE PRIMARIA ás 9:00 horas (Polo lado dereito do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado dereito).
  • 3º DE PRIMARIA ás 9:00 horas (Polo lado esquerdo do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado esquerdo).
  • 2º DE PRIMARIA ás 9:10 horas (Polo lado esquerdo do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado esquerdo).
  • 1º DE PRIMARIA ás 9:10 horas (Polo lado dereito do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado dereito. 

SAÍDAS:

EDUCACIÓN INFANTIL:

 

  • 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos) Seguindo o período de adaptación.
  • 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos): 13:40 horas polo mesmo sitio que entraron.
  • 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos) ás 13:30 horas polo mesmo sitio que entraron.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 5º DE PRIMARIA ás 13:50 horas polo portalón de entrada.
  • 6º DE PRIMARIA ás 13:50 horas polo portalón de entrada.
  • 3º DE PRIMARIA ás 14:00 horas polo portalón de entrada.
  • 4º DE PRIMARIA ás 14:00 horas polo portalón de entrada.
  • 2º DE PRIMARIA ás 14:10 horas polo portalón de entrada.
  • 1º DE PRIMARIA ás 14:10 horas polo portalón de entrada.

Para o correcto funcionamento das entradas e saídas será imprescindible que todos sexamos puntuais e non excedamos os 10 minutos permitidos para a entrada e saída de cada nivel.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut