Skip to Content

REVISTA ESCOLAR DO CURSO 2020-2021

Coruña Olímpica

Dentro do prorama do Concello, Coruña Olímpica, o alumnado de 6ºC recibiron a visita de Paula Medín, xogadora de rugby e diploma olímpico nos últimos Xogos Olímpicos de Río 2016.

Paula contestou con agarimo as preguntas que lle fixeron os nosos nenos e nenas.

LETRAS GALEGAS 2021

Conmemoración do Centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán

O mércores día 12 de maio cumpríronse 100 do pasamento de Dna. Emilia Pardo Bazán. A Real Academia Galega fixo un acto conmemorativo que consistía na lectura de frases desta muller polifacética e o que significaba para ti, acto ao que fomos convidados e ao que foron 5 rapaces e rapazas en representación de todo o alumnado e no que demostraron o coñecemento que teñen sobre a súa persoa e dos seus pensamentos e inquedanzas que ven se poden trasladar ao momento actual.

Foi un acto moi emotivo e interensante no que participamos encantados e só nos queda dar as grazas a Real Academia Galega por convidarnos.

fotografía de La voz de Galicia

Todo o que levamos traballando sobre Emilia Pardo Bazán pódese ver no blogue da biblioteca e no PDI "Paseando con Emilia"

Tamén podemos consultar o que se falou de nós nas redes: 

Instagram Casa Museo EPB

Marilar Aleixandre on Twitter 

Román Rodríguez on Twitter

Prensa Escuela on Twitter

La voz de Galicia

Acto de conmemoración en directo

 

E para rematar o día, Xulia Santiso, directora e restauradora da Casa- Museo, pasou pola nosa radio para unha entrevista en directo que poidemos escoitar todos 

 

 

Visita Conselleiro de Educación

O luns día 10 de maio estivo no noso centro o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

Fixo a presentación dunha unidade didáctica sobre Emilia Pardo Bazán e salientou a importancia de divulgar entre os máis novos o seu legado. "No marco das conmemoracións do centenario de Emilia Pardo Bazán, a Xunta de Galicia pretende achegala máis que nunca ás nosas aulas polo que vlaoramos especialmente a posta en marcha de ferramentas pedagóxicas que destaquen as principais obras, fitos, publicacións e documentos producidos por esta galega universal" expresou.

A unidade didáctica está deseñada polas profesoras Aranxta Fuentes e María López dirixida a estudantes de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, aínda que conta cun enfoque transversal, polo que tamén permitirá traballar con alumnado e profesorado doutros niveis educativos.

Estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, Jose Luís Mira e unha das autoras Arantxa Fuentes.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E ADMITIDAS

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes no proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2021-2022, comunicamos que TÓDALAS SOLICITUDES PRESENTADAS OBTIVERON PRAZA.

Uns días antes da apertura do prazo colgarase nesta páxina a información pertinente para proceder á formalización da matrícula.

  CONTRA ESTAS LISTAXES PODERASE INTERPOÑER RECURSO DE ALZADA ANTE O XEFE TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, U. E FP. ATA O DÍA 7 DE XUÑO.

O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA VAI DO 21 AO 30 DE XUÑO.

 

As familias do alumnado de novo ingreso no centro que desexen darse de alta na Asociación de Nais e Pais (ANPA Milnen@s) poden facelo non seguinte ligazón:

https://milnenosgalego.blogspot.com/p/tramites.html

dende o 10 de xuño. A presentación será exclusivamente telemática, aínda que vos podedes pasar polo local previa cita para que vos axuden coa tramitación telemática.

 

Recordarvos que os socios pagarán un prezo inferior de comedor, actividades e campamentos e poderán asistir ás numerosas charlas gratuítas da Escola de Nais e Pais (con servizo de canguros gratuíto) e ás festas organizadas pola asociación.

O NOSO LOGO

Despois de moito buscar un agasallo para as creadoras do noso logo, decidimos que unha taza co seu nome e o logo que fixeron sería un bo recordo do centro e do seu traballo.

A nós só nos queda felicitalas e darlle as grazas pola súa colaboración e por este agasallo tan bonito que estará con nós moito tempo.

MOITAS GRAZAS ANA E LUCÍA

 

 

 

 

Día do Libro

Hoxe 23 de abril celebramos o Día do Libro. No noso centro quixemos reflectir aos nosos e nosas lectores/as nun mosaico que representa a Dona Emilia Pardo Bazán.

O XARDÍN DE JUANITA CELEBRA O WORLD CREATIVITY DAY

 

Hoxe e mañá, 21 e 22 de abril, celébrase o Día Mundial da Creatividade (WCD) e dende as escolas preguntámonos se os nenos e nenas o son.

 

Angélica Sátiro, experta en creatividade e creadora do proxecto “El jardín de Juanita”, di que é un “xeito de vivir, convivir, socializar, pensar, coñecer, producir e aprender”. Por iso, o noso xardín forma tamén parte destas celebracións.

https://www.prensaescuela.es/jugando-a-pensar-con-juanita/

 

https://play.cadenaser.com/audio/1619008802_322606/

MAR Santiago Arca, 21 abril 2021

 

 

Día Mundial do Síndrome de Down

 

 

Nós non quixemos ser menos e aceptamos o reto

Distribuir contido


by Dr. Radut