Skip to Content

Obradoiros e charlas sobre medio ambiente

Biblioteca e Familia

 

APRAZADO O OBRADOIRO DO 7 DE ABRIL PARA O XOVES 28 DE ABRIL

 

 

Xa hai datas para os obradoiros de biblioteca e familia. Máis información no blog da biblioteca e para inscricións preme AQUÍ

1 DE ABRIL. DÍA DAS ARTES GALEGAS.

O día 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas. Este ano adicado ao pintor Laxeiro. O equipo EDLG comparte os seguintes recursos coa comunidade educativa co gallo desta data.

Información do cole

Debido a actual situación sanitaria na que nos encontramos, este ano as visitas ao centro serán, previa cita, a semana do 21 de febreiro (de luns a xoves) en xornada de tarde. A cita pedirase chamando ao teléfono 981 276 781 de 9:00 a 14:00. Tamén deixamos este panel no que amosamos os aspectos que cremos son máis interesantes.

Calquera dúbida pódese consultar chamando aos teléfonos que aparecen nesta páxina ou enviando un correo.

Pódese visitar tamén desde a páxina do Concello

 

CORUÑA CORRE CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES

O concello de A Coruña celebra o evento CORUÑA CORRE co seguinte circuíto de carreiras populares:

Inscrición e bases no seguinte enderezo web: https://corunacorre.com/

 

Reserva de praza no IES Salvador de Madariaga para o alumnado de 6º de EP.

 

As familias  do alumnado de 6º de educación primaria que desexen matricular aos seus fillos/as no IES Salvador de Madariaga deberán entregar ao seu fillo/a para que o entregue ao seu titor/a entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013). Tamén pode facerse a reserva parcial no enderezo https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, ou de xeito electrónico e completo en https://sede.xunta.gal/portada. Se algúnha familia quere presentalo directamente na secretaría no centro poderá facelo en horario de 09:30 a 13:30 horas.

 

 

Paseando con Emilia de premio

Vimos de coñecer que o Proxecto Documental Integrado "Paseando con Emilia", que se desenvolveu durante o curso pasado no noso centro, no que investigamos e procuramos información para coñecer á escritora que dá nome ao noso colexio e a época na que viviu, recibiu un dos premios do VII Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar. Esperamos que con este premio, e con motivo do centenario da súa morte, se contribúa ao coñecemento e a darlle relevancia á figura de Emilia Pardo Bazán.

Este premio é do centro, de todo o alumnado, familias e profesorado que se implicou no seu desenvolvemento. Queremos agradecer a toda a comunidade educativa que participou nas actividades propostas e a todas as persoas e entidades que colaboraron con nós na procura de recursos e desenvolvemento de actividadesespecialmente á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, a Xulia Santiso e Patricia Angulo polo seu apoio e asesoramento continuo, así como ás bibliotecarias da BM Los Rosales.

Seguimos aprendendo sobre Emilia, e tamén sobre os mares e océanos.

Grazas e parabéns para toda a comuniodade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán.

 

 

Campamentos Nadal centros cívicos

Información enviada dende os centros cívicos

CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2021-2022

 NOVA: Os días escollidos polo Consello Escolar son o 7 de decembro e o 16 de maio.

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER AO CALENDARIO DEFINITIVO

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Convocatoria no D.O.G. do 29-09-2021 Resolución do 20 de setembro de 2021 realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá entre o 2 e o 5 de novembro e estará integrada por:

  • A Directora  do Centro.
  • Un representanrte do profesorado.
  • Un representante de nais/pais.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.

Os catro últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). O sorteo realizarase o próximo 27 de outubro.

SECTOR NOME E APELIDOS
Directora Mª Aurora Candal Miranda
Profesorado Hilda Ramos Vázquez
Pais/Nais  Iolanda Sánchez Méndez
PAS  Manuel Jesús Boquete Pérez

Documentación:

A Coruña, 22 de outubro de 2021.

A DIRECCIÓN DO CENTRO.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut