Skip to Content

Visita a Betanzos do alumnado de 5º de primaria.

O alumnado de 5º curso de educación primaria viaxou a Betanzos o pasado martes 14 de xuño onde visitaron o Museo das Mariñas e fixeron unha visita guiada polo casco histórico da "cidade" que segundo aprendimos na visita é un título que xa foi concedido no ano 1465 polo que daquela era rei Enrique IV.

Podedes ver unha escolma de imáxenes da visita nesta galería:

Radio programme and audio magazine

Durante o presente curso 2021-22 o alumnado de 5º de primaria gravou un programa de radio totalmente en inglés: "The book Nook". Dividido en diferentes seccións e dedicado ao mundo dos libros, puidemos coñecer a autores da literatura anglosaxona, seguir as lecturas dos nosos clubs, participar en enquisas sobre os nosos hábitos lectores e entrevistar aos falantes nativos da nosa comunidade escolar. A continuación podedes escoitar os tres episodios dispoñibles.

THE BOOK NOOK 1

THE BOOK NOOK 2

 THE BOOK NOOK 3

 

Asemade publicamos dous números dunha audio-revista en inglés, "Our English Mag" con artigos escritos e gravados polo alumnado, polo que podedes lelos e escoitalos ao mesmo tempo. Velaquí os tedes:

Circular Fin de Curso

Pódese consultar a circular de fin de curso con información de interese.

Un mar de cancións

Mural Mar de Cancións

Esta é a colección de cancións relacionadas co mar que conseguimos grazas ao alumnado de Primaria.

Podedes escoitalas no seguinte enlace: 

MAR DE CANCIÓNS

 

Bolsas de comedor

 

Hoxe 13 de xuño de 2022 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023. Pódense consultar en:

 

 

A listaxe cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro de entrada da solicitude inicial e ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente terase por desistida a solicitude); así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a  valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).

 

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 14 ao 28 de xuño, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

O Ventoso

O pasado venres 1o de xuño, visitamos a granxa escola O Ventoso. Foi unha xornada moi divertida e na que aprendemos a facer pan, peinar aos cabalos, montar....

Se queres ver moitas fotos preme aquí.

Se queres un vídeo resumo, aquí

5girls 4tecno

Somos Paula, Martina, Sabela, Sofía e Noa, "5girls 4tecno", un grupo de amigas que grazas as papi dunha de nós, Marcos, metímonos en "Tecnovation Girls" (Un programa gratuito baseado na tecnoloxía para nenas de 8 a 18 anos. Son equipos de 4- 5 nenas que encontran un problema na súa comunidade, crean unha aplicación móvil ou proxecto de intelixencia artificial para axudar a resolvelo. Desenrolan as súas habilidades de colaboración, resolución de problemas e liderazgo).

En maio presentamos o noso proxecto en Madrid, onde quedamos no 3º posto. Agora enterámonos que pasamos ás semifinais a nivel mundial!!!!

Neste vídeo contámosvos as nosas impresións.

 

A comunidade educativa do Emilia non pode estar máis orgullosa de vós, sodes unhas auténticas guerreiras.

CORAX

Os máis pequenos fixemos a nosa prmeira excursión de maiores o pasado luns 6 de xuño, fomos a Corax e vimos moitos animais, tamén comemos alí e xogamos moito. 

Pasámolo moi ben!!!!

Fotos

Video

A auga non para

No concurso "A auga non para" o grupo Fontao: Carolina, Nerea, Julia, Martín e Uxía de 6º D, acadaron o 2º posto, aínda que para nós son os gañadores xa que contestaron todas as preguntas sen fallo algún.

Este concurso pretende dar a coñecer ao alumndo de E. Primaria o ciclo da auga na Coruña e fomentar o seu uso responsable.

NORABOA!!!!

Axudas alumnado NEAE

Distribuir contido


by Dr. Radut