Skip to Content

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025

 

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2024/2025

 

 

 

 

LISTAXE DE MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2024/2025

 

 EDUCACIÓN  INFANTIL

(3 ANOS)

5º EDUCACIÓN INFANTIL

(4 ANOS)

 EDUCACIÓN  INFANTIL

(5 ANOS)

 

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

NOVELA NEGRA

   Os nenos e nenas de 3ºB crearon estas "novelas negras" a partires das fotos que lles fixeron cando fomos visitar a exposición de Helmut Newton.

Parabéns!!!

 

        

 

                       

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 2024_2025

   Lembramos aos admitidos que deberán formalizar a matrícula na secretaría do Colexio do 20 de xuño ao 1 de xullo de 2024 en horario de 09:00 a 14:00 horas. Lembrade que de non formalizar a matrícula perderase o dereito á mesma.

 DOCUMENTACIÓN NECESARIA

1.- Impreso de matrícula Anexo III-1 (recoller en Secretaría). DESCARGAR IMPRESO.

2.- Ficha de datos persoais (recoller en Secretaría). DESCARGAR FICHA.

3.-Impreso de autorización dos dereitos de imaxe (recoller en Secretaría). DESCARGAR AUTORIZACIÓN EDITABLE, PDF.

4.- Cuestionario lingua materna para as familias de educación infantil. DESCARGAR CUESTIONARIO.

5.- Outros documentos:

      * 6 Fotografías tamaño carné para o alumnado de educación infantil.

      * 2 Fotografías tamaño carné para o alumnado de educación primaria.

6.- Fotocopia Tarxeta Sanitaria.

 7.- As familias do alumnado de novo ingreso no centro que desexen darse de alta na Asociación de Nais e Pais (ANPA Milnen@s) poden facelo non seguinte ENLACE.

 

.

 

Plan Proxecta + ONDAS DENDE O ATLÁNTICO

Patrimonio Cultural Europeo

Plan Proxecta+ ONDAS DENDE O ATLÁNTICO

 

    Durante o curso 2023-2024 as mestras Cristina Arenas Hernán y Pilar Pérez Álvarez participaron nun proxecto eTwinning con alumnado de Educación Infantil, en colaboración con Abadias Primary School de Figueira Da Foz en Portugal e Naminuskas de Vilnius en Lituania. Este proxecto desenvolveuse dentro do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia na modalidade “Patrimonio Cultural Europeo en colaboración co programa eTwinning”. Aquí podedes ver unha pequena presentación do que se fixo.

 

    Agradecer a colaboración das familias por todas as aportacións que fixeron.

 

    Aquí a ligazón ao todo o proxecto.

 

 

   

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024_2025

   O luns 20 de maio de 2024 foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde de 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (Código de procedemento ED330B)

 

Acceso á orde

Prazo de presentación de solicitudes

 O prazo de presentación abrangue dende o 21 de maio ata o 21 de xuño ambos inclusive.

 Instrucións

 A presentación será preferentemente telemática tal e como se dispón na Orde seguindo os pasos que alí se indican.

 As familias que desexen entregar a solicitude presencialmente poden facelo no horario habitual da secretaría:

 De luns a venres de 9 a 13:30 h.

 Os luns lectivos de 16 a 18 h.

 Formularios e documentación

Os formularios pódense descargar na aplicación Fondolibros, nesta mesma páxina ou recollelos na secretaría.

 

Anexos solicitude

Enlace á Sede Dixital

Enlace á aplicación Fondo Libros

Manual de Usuario para os solicitantes

Fondo Libros. Preguntas frecuentes

 

O TEATRO NO EMILIA...CHEGOU O DÍA

EDIFICIOS E TROLEBUSES CORUÑESES

Desde hoxe ata o próximo día 7 de xuño temos unha exposición de maquetas recortables titulada "Edificios e trolebuses coruñeses". Está no corredor principal do colexio. Foron feitas por un mestre amigo.

Estades todos/as invitados/as a visitala en horario de 16:00 a 18:00 horas.

Animádevos!

 

LETRAS GALEGAS 2024

   Este ano adícase o Día das Letras Galegas á escritora coruñesa Luisa Villalta Gómez.

   A continuación podedes ver un vídeo coa súa biografía.

   Tamén tedes dúas das moitas actividades que preparamos no seminariogalan.org para que aprendades xogando moitas cousas sobre ela.

   Animádevos!!!

O XOGO DO RODICIO                         AS PORTAS DE LUÍSA                       

  

 

 

 

O AMENCER DA HUMANIDADE

Dende o martes 30 de abril o centro acolle a exposición O amencer da humanidade. O poboamento paleolítico de Galicia. Unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021, co obxecto de dar a coñecer as últimas investigacións desenvolvidas no ámbito da prehistoria en Galicia.  

Ademais de paneis informativos en formato rollup, a mostra inclúe varias réplicas de materiais arqueolóxicos, un audiovisual explicativo e dúas unidades didácticas para 6º de educación primaria e educación secundaria. 

A exposición poderá visitarse, en horario de tarde, ata o vindeiro luns 20 de maio.

HOTEL DE INSECTOS

Coa primavera chegou o bo tempo, e con ela tamén chegaron os insectos.
Para recibilos como se merecen, preparámoslles un refuxio: O HOTEL DO EMILIA.
Se queredes saber algo máis sobre eles e sobre o hotel...

 


Distribuir contido


by Dr. Radut