You are hereEducación Física

Educación Física


XOGOS ALTERNATIVOS sticky icon

Bo día a todos e todas!

Antes de introducir os novos xogos que imos traballar, déixovos outro par de exemplos de xogos tradicionais. 

 

 

 

 

Nas vindeiras semanas imos iniciarnos nos xogos alternativos. Estes, caracterízanse por ser novedosos e tamén por empregar materiais de refugallo e de creación propia. 

A continuación, podedes observar unha foto na que están presentes numerosos materiais que podedes atopar pola casa. Con eles elaborei os utensilios necesarios para practicar tres modalidades de deportes ou xogos alternativos. 

A modo de pista, déixovos a primeira e a última letra dos nomes deses deportes. 

1) I _ _ _ _ _ A

2) F_ _ _ _  _ E

3) L _ _ _ _ _ _ E

 

 

Continuamos coa mesma rutina.

 

Espero as vosas achegas a través dos diferentes medios, ben o correo ou a aula virtual no mesmo apartado que estabamos empregando. 

 

Un saúdo,

 

Borja. 

Os vosos xogos tradicionais sticky icon

Bo día a todos e todas!

Déixovos un par de vídeos de exemplos de xogos tradicionais e populares. Xa sei que sodes varios os que enviades os vosos, pero nesta entrada van os traballos de Breixo, Gabriel e Laura.

Seguirei subindo vídeos e propoñendo novos xogos!

Seguide así!!

 

 

 

Búsqueda dos diamantes. Xogos da corentena sticky icon

Aquí vos deixo o abraiante xogo que propuxeron Carmen e Carolina para esta corentena!

Non deixedes de participar e compartir as vosas achegas, grazas pola implicación!!!

Xogos tradicionais. Vídeo. sticky icon

Velaquí vai a miña achega de xogos tradicionais creados na casa! Despois de ver o vídeo, lede atentamente as indicacións que hai a continuación del.

 

 

 

https://vimeo.com/409741316

 

- Tendo como referencia os vídeos e enlaces da semana pasada, ou o que sabedes vós grazas ás familias, escollede unha serie de xogos tradicionais (mínimo 2 e ata os que queirades).

 

-Demostrade que estivestedes traballando con eles. Foto dos materiais, vídeo xogando, regramento do xogo, diario e anotacións das partidas xogadas... calquera material é valido sempre que sexa de elaboración propia. Por suposto, cantas máis cousas mellor!

 

-Subide as vosas achegas á aula virtual do cole, no apartado de Educación Física tedes unha ubicación adicada ós xogos tradicionais por cursos.https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeloisarivadulla/aulavirtual/course/index.php?categoryid=9

 

      usuario: xogos

contrasinal: tradicionais

 

 

XOGOS TRADICIONAIS sticky icon

 

Xogos tradicionais

Nos próximos días, o traballo de Educación Física vai estar adicado ós xogos populares e tradicionais. A continuación, adxúntovos unha serie de vídeos e de enlaces que vos poden ser de moita axuda.

Aproveitade estes días de “volta ás aulas” para botarlles un ollo e ir pensando a cales vos gustaría xogar (e se tedes opción, xogade por suposto!).

Nuns días, teredes novas instruccións e unha mostra de a cales xogo eu!

Vídeos de interese:

https://www.youtube.com/watch?v=L2BHt6OsVy4

https://www.youtube.com/watch?v=jRIAImlfrYQ

https://www.youtube.com/watch?v=Tbq3v3MiGqc

https://www.youtube.com/watch?v=ccSTg_Z0ZTk&t=371s

 

Enlaces de interese:

 

http://enredoscampolongo.blogspot.com

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1367237289/contido/XOGOS-POPULARES/index.html

http://brinquedia.net/web/wp-content/uploads/2013/05/Xogos-Encontro.pdf

https://praza.gal/ducias/xogos-tradicionais-galegos

 

AH! LEMBRADE! Non tiredes os materiais dos que vos falaba na entrada anterior!

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar