You are hereA. C. E.

A. C. E.


Actividades Complementarias e Extraescolares

Día da árbore 2017 sticky icon

O venres, día 31 de marzo, celebramos no colexio o “Día da Árbore”. Este ano tivemos a sorte de poder contar con Anxo Moure para a celebración do mesmo e así, enlazando cunha actividade anterior de reciclaxe de papel (enmarcada dentro do proxecto anual Recíclate con Sogama), os nenos entregáronlle a Anxo os corazóns que elaboraron a partir de noticias negativas contidas nos xornais e escoitaron tamén o conto do “Carballo con botas”, de boca do seu autor.

Coa intención de homenaxear este clásico da literatura infantil e medioambiental, os alumnos trouxeron da súas casas calzado que xa non usaban e plantaron no seu interior árbores e diferentes plantas; xuntáronse más de 150

A continuación deixámosvos unha mostra do acontecido nese día e tamén o libro dixital que se elaborou a partir das ilustracións que realizaron os alumnos de todos os cursos do cole, desde 3 anos ata 6º de primaria.

Grazas de novo ás familias pola súa colaboración.

 

 

 

ODAIKO sticky icon

Concerto de Odaiko

O xoves 2 de febrero tivemos a sorte de asistir dende o centro a un concerto impresionante de 4 grandes músicos percusionistas.

Este concerto foi patrocinado polo Concello de Chantada, grazas a eles tivemos a oportunidade de escoitar na nosa localidade a este marabilloso grupo.

Se queredes buscar información sobre eles, aí vos quedan un vídeo e a páxina oficial:

http://odaiko.es/odaiko/

https://es-es.facebook.com/Odaikopercussiongroup/

Moitas grazas Odaiko

TRADESCOLA sticky icon

Concerto de Tradescola

O luns 30 de xaneiro tivemos a oportunidade de escoitar a música tradicional galega sen saír da nosa escola. Xa que este marabilloso grupo veu o noso centro para ensinarnos:

-      Diferentes instrumentos musicais galegos: a zanfona,  as tarrañolas, a gaita, as cunchas, a pandeira, o pandeiro cadrado, a pandereita, as culleres,… e outros instrumentos que se utilizaron na nosa cultura como o clarinete e o acordeón.

-      Diferentes cancións, como A saia da Carolina, Pousa pousa,…

Grazas a eles, puidemos ver como se producía o son nos distintos instrumentos musicais e clasificámolos.

Aí van unas páxinas para saber algo máis desta agrupación:

http://gaiteirosgalegos.gal/tradescola/

https://www.facebook.com/tradescola/

 

Moitas grazas Tradescola

DÍA DA PAZ 2017 sticky icon

Día da paz – 30 de xaneiro

O día 30 de xaneiro celebramos no noso centro escolar o día da paz.

Así, todos os nenos/as do centro reunidos na aula de música, falaron da historia do día da paz e fixeronfincapéna problemática dalgúns conflictos bélicos que aínda están, naactualidade, despois de tantos anos celebrando esta data.

A continuación, cantaron e bailaron dúas cancións, unha en homenaxeao pobo Siria, polo drama que está vivindo esta poboación escapando do conflicto cando querían unha vida de paz e tranquilidade coa súa familia e amigos. Para eles, é a primeira das cancións: “Como te atreves Siria no tiene paz, la tenemos que encontrar”. Esta canción é unha adaptación que fixo un colexio de Castela León da canción de Morat, “Como te atreves”.

 

A outra canción, é dun grupo galego chamado, Mama Cabra. Este grupo galego verano moi pronto en directo os alumnos/as de 1º e 2º curso de Primaria. A canción que cantamos e bailamos é: “A danza da Paz”.

Ademais desto, fixemos a POMBA e a PALABRA PAZ, decorada con todas as fotografías da comunidade escolar, simbolizando así, que a PAZ é algo que temos que facer e buscar todos, comezando en nós, como di a frase que se mostra a continuación.

a

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar