You are hereRecomendámosche
Recomendámosche
GaliciaLe
Que é GaliciaLe?
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.
Por iso desde a biblioteca vos suxerimos, que si queredes, para pasar mellor estes días, podedes abrir un abanico de posibilidades importante para poder estar en contacto coa cultura.
Máis información en: https://www.galiciale.gal/
8 de marzo: día da muller
8 DE MARZO
DÍA DA MULLER
Desde a Biblioteca, estes son algúns dos libros que recomendamos aos nos@s alumn@s para traballar eles e con eles este día tan importante.
Día da Paz
DÍA DA PAZ
Desde a Biblioteca intentamos que o noso alumnado, e toda a comunidade educativa, poida ter unha orientación para tratar este tema con diferentes tipos de lecturas. Por ese motivo puxemos un expositor con libros da mesma temática, co que calquera persoa que pertence á Biblioteca poida adquirir de forma rápida e sinxela o libro que lle interese para tratar o tema que nos ocupa: a Paz.