You are hereEducación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.

Educación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.


ACTIVIDADE 1 ( 23-3-2020 ) sticky icon

 

LANZÁMOSVOS UN RETO...!!!

Seredes capaces de facer como Jenni, Tania, Shaila e Celia, as vosas porfes, un cartel ben chulo para que todxs nos animemos e os vosos compis tamén vexan que ben o facedes...??? ( NON é obrigatorio pero, se queredes podedes mandar unha foto ó correo...e non hai data límite ).

Vale, estamos seguras que o saberedes facer...coa imaxe ou debuxo que vos queirades, e cunha frase moi chula para todxs nós.

 

ÁNIMO...!!!

AVISO DAS MESTRAS DE ED. INFANTIL sticky icon

CORENTENA... PERO XUNTOS! (23/03/2020)

Estimas familias de Infantil:

En vista de que a situación na que nos atopamos se vai prolongar, as profes decidimos poñernos a traballar para estar preto de vós, apoiarnos mutuamente e axudarvos a sobrelevar este tempo de confinamento.

A través deste páxina web, proporemos unha actividade diaria para que fagades na vosa casa! Tamén publicaremos enlaces a cancións da aula, videos con contacontos, e algunha sorpresa! Cando publiquemos algo mandarémosvos unha mensaxe a través da aplicación Abalar Móbil, polo que os que non a teñades, recomendámosvos que a descarguedes.

Para que todos poidamos estar en contacto, creamos unha conta de correo electrónico infantil.unidos.eloisa@gmail.com (só a empregaremos para este fin). Animámosvos a mandarnos a este correo fotos das actividades que propuxemos días atrás (nunha entrada máis abaixo) e tamén das que vos imos ir propoñendo diariamente. Despois, publicaremos as vosas fotos nesta web do centro para que os “compis” as vexan! Se nos mandades unha foto na que apareza a cara do neno/a enténdese que nos estades dando autorización para publicala. Tamén podedes optar por mandar foto só da actividade en sí que fixestes (sen que se vexa a imaxe do neno/a), neste caso debe aparecer o nome na foto para que os demais saiban de quen é.

VEÑA, IMOS SACAR O MÁXIMO PROVEITO DESTA SITUACIÓN!

Milleiros de apertas. As profes Celia, Shaila, Jenni e Tania.

Beso

Chegou a primavera... sticky icon

Nenos e nenas de Infantil se recordades cando empezou o outono e o inverno xa escoitamos e vimos os videos de Vivaldi...

Agora chegou a primavera e queremos que o pasedes moi ben vendo o conto - canción...

Podedes bailar...está permitido...!!!...ou facer un debuxo...jejejeGuiño

 

 

 

 

Información complementaria sticky icon

Para facilitar a comprensión por parte do alumnado, adxuntamos o seguinte enlace onde se amosa unha explicación clara e gráfica do coronavirus, os seus riscos e as melloras formas de previr o contaxio.

https://compartiresvivirweb.wordpress.com/2020/03/13/como-explicar-el-coronavirus-a-personas-con-tea/?fbclid=IwAR3sERe-0mdsuhFiDO2Th_1w8WVhAZkPtDO0uFJWC6vBhCz0BBwn6ozMexI

 

Por outra banda e fomentando o xogo en familia, no seguinte enlace atoparedes unha forma divertida para lavar correctamente as mans, evitando ademias os contaxios:

https://saposyprincesas.elmundo.es/consejos/salud-infantil/el-juego-del-coronavirus/

RECOMENDACIÓNS EDUCACIÓN INFANTIL sticky icon

Estimadas familias:

Ante a extraordinaria situación de peche dos centros e tendo  en conta as recomendacións feitas pola Xunta de Galicia, as mestras de Educación Infantil exponemos as seguintes suxerencias de actividades para que os nenos e nenas poidan realizar nestes días de ausencia ao colexio:

-         

Lectura e comprensión de contos.

-         

Crebacabezas e xogos de mesa.

-         

Debuxo libre e manualidades empregando distintos materiais.

-         

Actividades de psicomotricidade fina: rasgar papel, cortar con tesoiras, boliñas de papel, plastilina…

-         

Fomentar a autonomía colaborando nas tarefas domésticas: poñer a mesa, limpar, vestirse e espirse, dobrar roupa…

-         

Reforzo nas actividades de hixiene e aseo.

-         

Establecer normas sinxelas e realistas para mellorar na adquisición de regras e o respecto das mesmas.

-         

Para motivar o retorno ás clases de forma ordinaria, sería conveniente que os alumnos/as realizasen durante estes días  un material de creación libre, relacionado coa temática traballada na aula e para compartir cos compañeiros/as:

- 3 anos: o nome e os médicos.

- 4 anos: o corpo humano.

- 5 anos: as profesións.

Ademais disto, debemos fomentar a creatividade, a autonomía, a comunicación e a interacción dentro do ámbito familiar onde se traballe a linguaxe (veo – veo, tres en raia, palabras encadeadas, dominó, mímica, invención de historias…)

Por todo isto, queremos rematar recordándovos a importancia das recomendacións de illamento das autoridades sanitarias, evitar saír da casa e xuntarse con outras  persoas.

Desexando que esta situación mellore o antes posible, agardamos que sexan uns días levadeiros e cargados de boas anécdotas no ámbito familiar. Nós agardámosvos á volta.

As mestras de Educación Infantil.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar