You are hereBLOG

BLOG


NADAL 2020

E chegou o Nadal. Os nenos e nenas do Ceip Plurilingüe Eloísa Rivadulla, elaboraron unhas postais relacionadas cos temas que estamos a tratar durante este curso: O Folión de Carros e o Entroido Ribeirado de Chantada. Aí van nun ficheiro adxunto.

25 N

Un curso máis tocou festexar o 25 N. que aínda que nos pillou nesta situación, no noso cole non podemos deixar de darlle a importancia que merece esta data….

e que mellor que simbolizalo cos Carros, tan importantes tamén na nosa vila.

Mirade que chulo quedou o traballo que fixestes vós, as nenas e nenos deste centro.

Adiante o carro 25 N…!!!”

 

Magosto

Debido á pandemia que temos, neste curso 2020/2021, sabemos que non podemos realizar tarefas en conxunto, de aí que propuxeramos traballar este día tan especial por zonas e cursos. Deixámosvos unhas fotos para que lembredes no futuro este momento.

Samaín

  

Pero que ocorre!, uf!, canto espectáculo. Mirade o que fixestes este ano na época máis terrorífica do curso escolar. Que ben o pasamos!  Grazas familias por participar.

Letras galegas

Ola a tod@s, sa xabedes que con motivo da pandemia non puidemos conmemorar certas celebracións. Este curso 20/21 pasouse o día das Letras Galegas ao 30 de outubro. A continuación deixamos en diferentes arquivos o que realizamos para celebrar este día tan importante para todo galeg@.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar