Ecomuseo de Arxeriz
Hoxe fumos de excursión ó Ecomuseo de Arxeriz. Alí desfrutamos do seu marabilloso entorno cun paseo e despois de ver as diferentes dependencias fixemos un xogo de pistas. Pasámolo en grande!!
Xa podedes ver as fotos, só tedes que picar aquí.
Títeres Babaluva
As nenas e os nenos de Educación Infantil gozaron hoxe dunha xornada de títeres na cidade de Ourense. A obra representada foi "Lume" da compañía "Títeres Babaluva".
Artistas!
Estas foron as obras de arte que realizaron os alumnos de terceiro con pedras. Espectacular!
Museo do Mar e estadio de Balaídos
O venres os alumnos do segundo ciclo de Educación Primaria fomos de excursión a Vigo. Visitamos o Museo do Mar e o Estadio de Balaidos. Aproveitamos a ocasión para agradecerlles o trato recibido así como todo o que nos ensinaron. O tempo, de primeiras non nos acompañou pero despois abriu e puidemos desfrutar dunha tarde estupenda. Agradecer tamén, ó restaurante "Di San Remo" que moi amablemente nos deixou as súas instalación para comer xa que, aínda que o día abrira as mesas estaban molladas.
No museo do mar os alumnos de terceiro, realizaron a actividade "Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar". Tomando como punto de partida o xacemento castrexo do museo convertéronse en arqueólogos e realizaron unha escavación arqueolóxica para despois traballar os resultados nun laboratorio científico, e, por último experimentaron algúns dos aspectos do traballo diario das xentes que viviron en época castrexa e romana. FOTOS
Por outra banda, os alumnos de cuarto gozaron da actividade "Coñecendo a cultura tradicional mariñeira". Transformáronse en auténticos mariñeiros tradicionais e experimentaron por sí mesmos diversos aspectos da vida destas xentes: cazaron unha balea, pescaron con diferentes técnicas e levaron un bote como auténticos mariñeiros. FOTOS
Ademais de realizar as diferentes actividades visitaron o acuario, onde coñeceron algunhas especies, entre elas o tiburón branco.
Ó rematar a visita no museo fomos a Samil, comemos e desfrutamos de tempo libre no paseo.
Finalmente fomos ó Estadio de Balaídos, alí estivemos na sala de prensa, no museo do Real Club Celta de Vigo, no vestiario dos xogadores e mesmo no campo e no palco presidencial. FOTOS
Foi unha experiencia inolvidable!
Letras Galegas
Co motivo do día das letras galegas enchímos o twitter de tweets!
Este ano o homenaxeado foi Xosé María Díaz Castro, se queredes saber máis aquí tedes máis información: http://www.diadasletrasgalegas.com/
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- …
- seguinte ›
- última »