CONTACONTOS: "Augusta e os seus medos"

                 O 27 de Marzo os nenos/as de Educación Infantil asistiron a un conta contos no centro.

(FAI CLIC PARA VER AS IMAXES)

 "Augusta e os seus medos".

EXCURSIÓN EDUCACIÓN INFANTIL: Museo Etnográfico "Casa do Patrón"

        O 19 de Marzo os alumnos/as de Educación Infantil realizan unha saída ao Museo Etnográfico "Casa do Patrón", situado en Codeseda; na parroquia lalinense de Doade.

       Museo que conta con 12 salas adicadas á exposición permanente de pezas da etnografía galega representativas de máis de 85 oficios.

  http://museoetnografico.net/

     

PARA VER A NOSA EXCURSIÓN FAI CLIC NO AUTOBUS

CELEBRACIÓN DÍA DO PAI (educación infantil)

            (FAI CLIC NA IMAXE PARA VER AS FOTOS) 

              Os alumnos/as de infantil celebran o día do pai ( 19 de Marzo) con este agasallo.

DÍA DA ÁRBORE E A AUGA

            Con motivo da celebración do día da árbore e da auga (21 e 22 de Marzo) os alumnos/ás do centro levamos a cabo un programa de diversas actividades na semana do 16 ao 20, estas foron:

  • Lectura dos contos: "Dona Pinga, dona Landra e don Carballo sempre amigos" (EDUCACIÓN INFANTIL) e "Dama  de Auga e os segredos das árbore" (EDUCACIÓN PRIMARIA).
  • Plantación dunha árbore.

 

FAI CLICK NA NOSA ÁRBORE PARA VER AS IMAXES

 

 

BARCO MURALLA DE LUGO

       "BARCO MURALLA DE LUGO" atracou a semana pasada no noso centro polo que tivemos a oportunidade de visitar, tendo como obxectivo promocionar a variedade medioambiental, paisaxística e potencial turístico da nosa provincia.

    A través de monitores, paneis informativos e vídeos didácticos os nosos alumnos/as tiveron a oportunidade de facer análise e reflexión sobre a riqueza natural e cultural que representan as reservas da biosfera da provincia de Lugo. 

OS NOSOS ALUMNOS/AS EN TELEVINTE

(FAI CLIC PARA VER AS FOTOS)

 

INFORMACIÓN SOBRE O BARCO MURALLA DE LUGO

     Muralla de Lugo é unha aula-barco ten por obxecto levar a cabo acciones de sensibilización ambiental.

    Exteriormente simula un barco coa súa proa, cuberta e ponte de mando, transportado sobre unha plataforma de 13 m, á que se accede a través dunha pasarela adaptada ás normas de accesibilidade. No exterior incorpora elementos mariñeiros tradicionais da provincia lucense como as redes de pesca, nasas, salvavidas ou balizas.

    No seu interior tamén está ambientada con elementos propios de embarcacións pesqueiras e mercantes e con fotografías antigas da costa de Lugo.

       A aula proporciona aos visitantes a posibilidade de ver diferentes materiais audiovisuais sobre o Programa e a riqueza turística e natural da nosa provincia, nunha pantalla de plasma que integra un sistema de son envolvente.

        O Barco Muralla de Lugo servirá tamén como vehículo para difundir a beleza e riqueza paisaxística e produtiva da Ribeira Sacra entre os seus visitantes, así como promover a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade, levando polas distintas localidades que visite o libro de sinaturas da candidatura. 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar