MENÚ COMEDOR ESCOLAR: MES DE SETEMBRO

            Adxúntase o menú escolar do mes de setembro

( FAI CLIC EN ARQUIVO ADXUNTO)

 

 

INICIO DE CURSO ESCOLAR 2015-2016

            Onte día 10 de setembro comezamos un novo curso escolar con grandes iniciativas e proxectos. Para iso vimos coas pilas cargadas e esperamos que do mesmo xeito que nós todos e cada un dos que formamos parte desta comunidade educativa este curso sexa do agrado de tod@s e para iso dámosvos a benvida.

FIN DE CURSO 2014-2015

               CON TODO ISTO DAMOS POR FINALIZADO O CURSO ESCOLAR 2014-2015. E DESEXAMOS TODO O CENTRO QUE  O TRABALLO REALIZADO POR TODOS NÓS; CONXUNTAMENTE COA VOSA COLABORACIÓN; FORA TANTO DO AGRADO DOS NENOS/AS COMA DAS SÚAS FAMILIAS.

DARVOS AS GRAZAS

E DESEXARVOS

UNHAS BOAS VACACIÓNS.

 ATA PRONTO

AMIGOS E AMIGAS

ESTO CONTINUARÁ...

 

 

CELEBRACIÓN FIN DE CURSO

                O "19 DE XUÑO CELEBRAMOS FIN DE CURSO", levando a cabo diferentes actividades ao longo da xornada. Estas foron:

 - Circuíto de Xogos Tradicionais.

 -Visionado vídeo despedida (6º de primaria).

 - Entrega de orlas e diplomas (6º de primaria e 6º de Educación Infantil

 - Comida de despedida nas aulas.

FAI CLIC nas actividades para visionalas.

UNS VANSE

E OUTROS VEÑEN

 

EXCURSIÓN "MÉDULAS" 5º E 6º DE PRIMARIA (12 DE XUÑO)

              Os alumnos/ás de 5º e 6º de primaria o 12 de Xuño fomos de excursión ás "Medulas".

            Ámbito paisaxístico español formado por unha antiga explotación mineira de ouro romana situado na bisbarra Del bierzo (León).

            O traballo de enxeñaría realizado para a extracción do mineral supuxo a alteración do medio pero deu como resultado unha paisaxe de areas avermelladas, cuberta actualmente de vexetación de castiñeiros e carballos. Considérase unha "paisaxe cultural" e ten a denominación de "Parque Cultural".

             Este ámbito foi declarado Ben de Interese Cultural en 1996, en atención ao seu interese arqueolóxico, e Monumento Natural en 2002. En 1997 foi declarado pola Unesco Patrimonio de la Humanidad.

(FAI CLIC NA IMAXE)

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar