TEATRO "ALICE" E VISITA MUSEO DE OTERO PEDRAYO (OURENSE) (5º e 6º primaria)

       O 19 de xaneiro no Auditorio Municipal de Ourense, os alumnos/as de 5º e 6º de primaria asistiron o teatro en inglés con Blue Mango Theatre e a súa nova obra "Alice", baseada no clásico.

FAI CLIC NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

 

Cando Alice queda durmida penétrase nun mundo máxico no que se vai atopando diferentes e extravagantes personaxes... Ao longo da súa viaxe polo país marabilloso aprende moitas cousas sobre as tradicións do mundo anglosaxón: Halloween, San Valentín, o Nadal, San Patricio... Pero chegará Alicia a tempo para o té? Só se o público bótalle unha man.

 

FAI CLIC NA PÁXINA WEB

 

http://www.afundacion.org/es/evento/escolares_blue_mango_theatre2

 

Posteriormente visitaron o "Museo de Otero Pedrayo" 

(FAI CLIC PARA VELO EN 3D)

 

IMPORTANTE: CAMBIO DE TELÉFONOS DO CENTRO

      INFÓRMASE DE QUE OS TELÉFONOS DO CENTRO CAMBIARÓNSE,  AGORA SON:

TELÉFONOS:

 CONSERXERÍA: 982 82 81 33

DIRECCIÓN: 982 82 81 32

MENÚ COMEDOR ESCOLAR: MES DE XANEIRO

 Adxúntase o menú escolar do mes de xaneiro

(FAI CLIC EN ARQUIVO ADXUNTO)

COMEZO DO NADAL NO CENTRO (semana do 14 ao 18 de Decembro do 2015)

         Coa chegada do Apalpador ao centro damos o inicio ao Nadal. Primeiramente decoramos os corredores con diversas actividades tanto a nivel de centro como individual finalizando a semana co Festival de Nadal. Estas pódense visionar a continuación:

 (FAI CLIC NAS DIVERSAS ACTIVIDADES)

VISITA DO APALPADOR (ANXO MOURE)

          Hoxe 14 de Decembro de 2015 recibimos unha visita a do Apalpador(Anxo Moure).

(FAI CLIC NO APALPADOR PARA VER AS FOTOS)

          O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar