Folión de carros 2018 sticky icon

A Asociación Cultural Amigos do Folión invitounos a participar nun concurso de cartaces sobre o folión de Carros das festas de Chantada do 25 de agosto do 2.018, xunto co CEIP Xoán de Requeixo. Antes do 25 de marzo elaboramos e entregamos 9 carteis realizados con distintas técnicas e diversas autorías (só hai un individual, o resto son de grupos de alumnos ou aulas). O 4 de maio dita asociación veu ao noso colexio coa boa nova de que o cartaz gañador do concurso era un dos nosos, en concreto dun grupo de alumnos/as de 6º de Primaria.

Ademais da homenaxe recibiron dous cadros (un do cartaz ganador e outro que recolle os traballos presentados por ambos colexios) e 100 euros.

Se os queredes ver, atópanse expostos na entrada do colexio.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2018/2019.- Listaxes provisionais sticky icon

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2018/2019

Entroido 2018 sticky icon

O venres, día 9 de febreiro, festexamos no Centro o Entroido. Estes son algúns momentos da celebración:

Neste outro video recóllense tamén outros momentos:

Homenaxe sticky icon

Por iniciativa dun grupo de alumnas de 5º curso de Educación Primaria, o pasado venres, 23 de marzo, o centro rendeu unha homenaxe a GABRIEL, o neno recentemente asasinado en Andalucía, apostando pola PAZ e a NON VIOLENCIA.

Admisión curso 2018/2019 sticky icon

Lémbrase que ata o día 20 de marzo está aberto o proceso de Admisión de alumnado para o curso 2018/2019.

 

 

CURSO 2018/2019

 

 

 

Curso

Prazas por curso

 "Permanencias"

VACANTES

4º Inf.

25

0

25

5º Inf.

25

25

0

6º Inf.

25

15

10

1º Pri.

25

20

5

2º Pri.

25

14

11

3º Pri.

50

29

21

4º Pri.

50

30

20

5º Pri.

50

33

17

6º Pri.

25

23

2

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar