Revista Miuzallas sticky icon

 

Na revista Miuzallas colaboramos aportando a páxina 24 adicada á choiva e á sua escaseza (curso 2º A).

 

Calendario Estiño sticky icon

Este ano o calendario adicouse á AUGA. Alumnos/as do noso colexio realizaron traballos sobre a seca. Pinchando na imaxe accédese á web do colectivo Estiño.

 

 

Folión de carros 2018 sticky icon

A Asociación Cultural Amigos do Folión invitounos a participar nun concurso de cartaces sobre o folión de Carros das festas de Chantada do 25 de agosto do 2.018, xunto co CEIP Xoán de Requeixo. Antes do 25 de marzo elaboramos e entregamos 9 carteis realizados con distintas técnicas e diversas autorías (só hai un individual, o resto son de grupos de alumnos ou aulas). O 4 de maio dita asociación veu ao noso colexio coa boa nova de que o cartaz gañador do concurso era un dos nosos, en concreto dun grupo de alumnos/as de 6º de Primaria.

Ademais da homenaxe recibiron dous cadros (un do cartaz ganador e outro que recolle os traballos presentados por ambos colexios) e 100 euros.

Se os queredes ver, atópanse expostos na entrada do colexio.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2018/2019.- Listaxes provisionais sticky icon

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2018/2019

Entroido 2018 sticky icon

O venres, día 9 de febreiro, festexamos no Centro o Entroido. Estes son algúns momentos da celebración:

Neste outro video recóllense tamén outros momentos:

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar