III ANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO sticky icon

O día 16 de Outubro os/as alumnos/as de 5º e 6º de Primaria do colexio, participamos nesta andaina, organizada dende a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.
O obxectivo da andaina era dar a coñecer o Camiño de Inverno entre os escolares e facilitar un día de convivencia entre distintos centros educativos
A etapa foi un tramo de 5 Km, dende a igrexa de San Paio de Diamondi a San Pedro de Líncora. Este camiño discurre por unha calzada romana, os codos de Belesar, entre bancais de viñedos e cruzando o río Miño por Belesar.
Durante esta andaina fixemos unha parada na Adega Vía Romana, para facer un descanso e ter un refrixerio e onde se fixo un programa de Radio da emisora Onda Cero, dende o que, mestres e rapaces participantes falaron.

 

http://www.caminodeinvierno.com/content/un-millar-de-escolares-recorren-el-camino-de-invierno

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2018/10/17/peregrinos-juntos-nunca/0003_201810M17C2994.htm

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2018/09/21/andaina-escolar-do-camino-inverno-extendera-chantada/0003_201809M21C2993.htm

http://blog.caminodesantiago.gal/gl/noticias-gal/iii-andaina-escolar-polo-camino-de-inverno/

https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/monforte-lemos/audios-podcast/monforte-na-onda-16102018_201810165bc6237e0cf26bfd1f41fdf6.html

https://www.facebook.com/CaminodeInviernoporRibeiraSacra/?hc_ref=ARQ78EVdf6G4pd0G4-WPRsGjdy1FX3pBa9qaDqKVqVJ3n2dKcX8BDlgT50QPAkNMOm8&__xts__[0]=68.ARBOEAFg7yibUTFWSgNcHh7rYr-M391fS6nZDAhFJ9ZjOgDvwHOgxTD4NO8x81VoZ90zyCiJcBkmI3Q0SFJwpUkm0qRpETFvYNCIpDBEMrIuB4TjWTfoaMdd7UcO_sJe5FE34DKx3Xju79QfSRVmijh4TbtMpiNAz8swNBf4fk7VC6ZPZUmti8YvWWGq2w3ZMq7RjmmdUA9zUm4ibuo0Hzdu_RY&__tn__=kC-R

https://www.canleribeirasacra.gal/gl/recursos/o-camino-faise-dende-a-escola

 

CAMPAÑA "VER PARA APRENDER" sticky icon

No mes de setembro o colexio anotouse a unha campaña que nos ofertaron: “Ver para aprender”.

Esta campaña comeza o 11 de Outubro, día Mundial da Visión, e ten como finalidade a concienciación e a revisión do estado da saúde visual dos nenos/as, xa que se pensa que un de cada tres casos de fracaso escolar están relacionados cun problema de visión sin diagnosticar.

 

 

Charla sobre o tabaquismo sticky icon

O día 2 e 9 de Outubro, os alumnos/as de 6º curso tiveron unha charla sobre o tabaquismo, denominada “Fumatas”. Esta charla - coloquio foi ofrecida por unha educadora social da “Unidade Asistencial de Drogodependecia de Monforte”. ´
Nela fixeron actividades encamiñadas a desenvolver hábitos e actitudes saudables.

Así, viron:

•    Os prexuizos e beneficios (os/as alumnos/as non atoparon ningún) do tabaco facendo unha tormenta de ideas.
•    Imaxes de xente que fumaba, cambios que experimentaban interior e exteriormente e os problemas que ocasionan os bebés con nais fumadoras
•    Os compoñentes que tiña o tabaco e as maneiras de rechazar o tabaco sen violencia.
•    E fixeron actividades, como sopas de letras, un test do tabaco e un experimento.

A continuación, deixamos distintos documentos que nos facilitou esta educadora social que poden ser de interese para as familias:

DOCUMENTOS DE CONVIVENCIA ESCOLAR sticky icon

PROTOCOLOS E DOCUMENTOS DE CONVIVENCIA ESCOLAR

 

Día da bici (curso 2017/18) sticky icon

Celebramos o día da bicicleta o 21 de xuño. Os alumnos de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria recorreron un circuito dentro do recinto escolar, aos mais pequenos axudáronlle nenos/as de cursos superiores.

Os alumnos de 4º a 6º de Primaria percorreron un circuito por Chantada en colaboración coa Policia Local.

Tamén participaron nunha charla da DGT e dunha entrevista a un ciclista de Xinzo, Carlos Canal, campeón de España de Ciclo Cross e BTT da categoría xuvenil.

Todos disfrutaron dun coche e unha moto patrulla da Garda Civil de Tráfico.

A continuación tedes algúns documentos gráficos:

   
   
 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar