MAGOSTO 2018 sticky icon

O 14 de Decembro celebramos o magosto.
Os nenos/as de infantil celebraron o magosto no patio do colexio. Alí, degustaron as castañas e participaron en diferentes xogos tradicionais.
Os nenos/as de Primaria celebraron o magosto no Sangoñedo. Alí, degustaron as castañas e participaron en distintos xogos tradicionais.
Un dos xogos tradicionais que puxemos en marcha este ano foi, o xogo do peón. Este xogo, foi proposto pola Rede Galega de Xogo Tradicional Brinquedia, que pediu fomentalo e divúlgalo, o día do magosto, baixo o lema "Polo San Martiño, peóns no camiño"
Ademais, esta asociación facilitounos dúas páxinas onde hai información sobre este xogo, son:

EXPOSICIÓN DE PINTURA DE MANUEL JORGE sticky icon

O día 7 de Novembro, os/as alumnos/as de 6º e 5º de Primaria foron ver a exposición de cadros do pintor chantadino Manuel Jorge. Esta exposición atópase no auditorio municipal de Chantada.
Alí coñecemos algo da vida deste pintor chantadino e aprendemos a interpretar o que reflicten os seus cadros de pintura, diferenciándoos entre realistas e abstractos.
Ademais, tamén visitamos a exposición e intentamos deseñar roupa (chalecos, babero...) imitando os cadros de pintura alí presentes.

Enlaces:

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Manuel Jorge

VISITA AO I.E.S. "VAL DO ASMA" sticky icon

O pasado mércores, día 30 de xaneiro, os alumnos de 6º de E. Primaria do noso colexio desprazáronse ao I.E.S. "Val do Asma" onde, despois de participar nunhas prácticas de laboratorio dirixidas por profesores e alumnos do citado instituto, lles presentaron as instalacións e foron informados das liñas básicas de funcionamento do centro no que poderán optar por cursar os seus estudos no vindeiro curso académico.

. sticky icon

O SAMAÍN – HALLOWEEN sticky icon

Este ano, os alumnos/as do centro participaron en varias actividades realizadas para conmemorar esta festividade. Así, entre outras actividades realizadas dentro das aulas:

•Crearon a cidade dos monstruos, onde cada alumno/a do centro creou o seu propio monstruo.
•Deseñaron a súa cabaza, axudados pola súas familias. Dar as grazas dende aquí as familias pola participación nesta actividade.
•E por último o día 31, contaron contos e cantaron para todos os alumnos/as do centro. Así, as cancións e contos interpretados son os seguintes:

•Canción en inglés (1º, 2º e 3º de Primaria): Trick or treat
•Conto 1º ciclo de Primaria: A bruxa regañadentes
•Conto 3º de Primaria: O dragón
•Canción en inglés (4º, 5º e 6º de Primaria): The three scarecrowns
•Conto 4º de Primaria: A pantasma da torre
•Conto 5º de Primaria: “Carabuñas o que nunca corta as uñas”
•Canción en galego: O Samaín de Mamá Cabra (por todo o colexio.

 

 

www.facebook.com/televintechantada/videos/512000172651344

www.facebook.com/televintechantada/videos/324517261664440

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar