Admisión do alumnado para o curso 2021/2022
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
|
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
|
|
Calendario do proceso e Normativa | |
CALENDARIO ESTIÑO
Un ano máis recibimos o calendario “Estiño”, adicado ó río.
Debido ó COVID, non se pode distribuír para a súa venta como en anos anteriores.
Os interesados en mercar algún calendario, deberán levar os cartos (1,50 €/unidade) e darllos o/a titor/a correspondente.
Esperamos que vos guste
Prorroga da suspensión da actividade lectiva polas obras
Bos días,
En previsión de que as obras no piso de abaixo non van estar rematadas para o vindeiro luns, vémos na obriga de prorrogar a suspensión das clases nos cursos de infantil outros tres días de momento. Do seguinte xeito:
Luns 14 non terá clase 5º de infantil.
Martes 15 non terá clase 6º de infantil.
Mércores 16 non terá clase 4º de infantil.
Disculpade as molestias e grazas polo voso esforzo.
A dirección
SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA EN INFANTIL POLAS OBRAS
Comunicamos que por mor das obras na planta baixa do edificio onde se ubican as aulas de ed. infantil, a vindeira semana, imos a ter que reubicar ó alumnado de infantil en aulas do 2º andar e suspender a actividade lectiva nun curso de infantil cada día posto que só dispomos de dúas aulas utilizables para os tres grupos e como sabedes non podemos misturalos. Deste xeito, e co consentimento da xefatura territorial a suspensión das clases quedará da seguinte forma:
9/12/2020: Non terá clase o alumnado de 4º de ed. infantil
10/12/2020: Non terá clase o alumnado de 5º de ed. infantil
11/12/2020: Non terá clase o alumnado de 6º de ed. infantil
Un saúdo e disculpade as molestias.
A dirección
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »