Axudas para libros de texto - curso 2024/2025
Están convocadas as AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, así como a PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados (ED330B-anexos I e II) dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Para presentala presencialmente no centro deberá solicitar cita previa no teléfono 982 828 133 (en horario lectivo). Antes deberanse descargar e cubrir estes impresos:
ou solicitalos en conserxería sen necesidade para isto de cita previa.
Xunto aos Anexos I e II deberase presentar copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demáis membros computables da unidade familiar (para casos particulares que precisan outra documentación, consultar a Orde do 7 de maio pinchando no enlace facilitado enriba).
O prazo de presentación remata o vindeiro 21 de xuño.
IMPORTANTE: o alumnado que no curso 2024/2025 curse estudos de 1º de ESO deberá presentar a solicitude no IES no que foi admitido.
LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO
No taboleiro de anuncios interior do centro está dispoñible a listaxe definitiva do alumnado admitido neste centro para o curso 2024/2025.
As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (15/05/2024).
Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
O pasado día 19 de abril publicouse a convocatoria destas axudas para o curso 2024/2025. O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.
Para solicitala deberá dirixirse ao seguinte enlace:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO
No taboleiro de anuncios interior do centro está dispoñible a listaxe provisional do alumnado admitido neste centro para o curso 2024/2025.
LISTAXE DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
Infórmase que no taboleiro interior do centro está publicada a listaxe de solicitudes de admisión presentadas no centro co número aleatorio asignado a cada solicitude que será empregado para o desempate, de ser necesario, segundo o disposto no artigo 34 da Orde que regula o proceso de admisión.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »