You are hereDespedíndonos do curso e recibindo o verán...
Despedíndonos do curso e recibindo o verán...
Nenas, nenos e familias...
Chegou finalmente o remate deste curso tan intenso e peculiar para todxs nós.
Ás mestras de Infantil nos quedou moito por facer: rir, contar contos, compartir aventuras, experimentar e descubrir, avanzar nas aprendizaxes, festexar os cumples, en fin, gozar de todos e cada un dos momentos tan especiais que se viven nas aulas de Infantil a diario...e todo coa compañía dos peques que son os grandes protagonistas desta nosa historia que tamén é a súa...
E así, pouco a pouco rematou esta historia por este curso que retomaremos para o seguinte pero con cambios: nenxs que chegarán de novo, outrxs que se nos van para Primaria...
E unhas compis que continuarán a súa andadura profesional noutros lugares onde desexamos que os reciban cos brazos abertos e sexan tan felices como o fomos aquí...ata sempre e todos os bicos do mundo..!
________________________________________________
Chicas e chicos, aquí vos deixamos unhas tarefas para o verán:
Esperamos que vos gusten e escollades facer moitas delas...jejeje...!
____________________________________________________
E, agora chegou o momento da despedida...este video é unha homenaxe a todxs vós e fixémolo con moito cariño as vosas profes de Infantil...
Adxunto | Tamaño |
---|---|
4 anos.pdf | 916.68 KB |
3 anos.pdf | 909.19 KB |
5 anos.pdf | 462.76 KB |