You are hereMisterio en Infantil...!!! (11-5-2020)

Misterio en Infantil...!!! (11-5-2020)


By celia - Posted on 11 Maio 2020

Bo día chicas e chicos.

Hoxe temos un “misterio” que esperamos nos axudades a resolver….ensínovos unha foto con algo que deixaron na casa e unha carta “moi estraña”…

Verdade que é todo moi raro? Vos sabedes que é o que está na foto…e quen escribiría esa carta?

Pois entre todos podemos investigar sobre as pistas que temos: unha foto (son cousiñas pequenas porque mirade ó lado dunha moeda cómo se ven…), unha carta na que fala de “coidádeos”, de que se tratará???

Veña…qué máis pistas atopades?

Xa nos ides dicindo qué sabedes despois da vosa investigación…podedes facer un debuxo do que pensades que  é(pero facédeo vós,eh, que así nos gustará moito máis) e escribir “libremente” o seu nome (os da aula de 3 anos que o intenten pero que o fagan eles/as, os de 4 que o fagan en maiúscula e,os máis maiores: recordade intentar facelo en minúscula, eh…!).

( NOTA PARA FAMILIAS: deixade que sexan os peques os que pensen, falen, imaxinen, que digan eles libremente qué pode ser....será a mellor axuda que lle podedes dar.Á hora de debuxar e escribir igual...que sexan eles os que proben os que se equivoquen...non se trata de facelo ben, senon de facelo, de intentalo...esto é o que máis os vai motivar. Grazas por axudalos )

Nós mentres, iremos “coidando”estas cousiñas que chegaron ata aquí e xa vos iremos mandando fotos co que pase….ups que intriga…!!!

Tedes ata o luns 18 de maio para enviarnos as vosas fotos, as pistas que atopades e se facedes debuxo e/ou escrito…

E grazas por axudarnos, ehh!!!

Bicos das profes de Infantil.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar