Tarefas para o alumnado de 4ºB
Adxúntase arquivo coa relación de tarefas para o alumnado de 4º a facer na plataforma virtual da editorial Vicens Vives para comezar na semana do 30 de marzo.
- As tarefas están distribuídas por materias e por contidos, de forma que se inclúen todas as actividades relacionadas cun tema completo de cada unha das asignaturas.
- As tarefas son para realizar de forma telemática, lendo previamente os contidos e comprobando sempre o resultado (aquelas que sexan de escribir podédelas facer nun caderno, se é que tedes algún na casa).
- Non é obrigatorio facelas todas; a pesar de que se resolven rápido facédeas pouco a pouco fixándovos ben nos contidos.
- Como son temas completos vouvos deixar toda esta semana e a que se correspondería coas vacacións de Semana Santa para que as vaiades resolvendo.
- Se o precisades, axudádevos doutras ferramentas para comprender e profundizar nos contidos: buscade vídeos na Internet, usade enciclopedias virtuais, dicionarios...
Para calquera dúbida que teñades estarei á vosa disposición na aplicación Abalar Móbil.
Moito ánimo, María Rey.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
TAREAS 4º 30 MARZO.pdf | 69.68 KB |