You are here Traballo para os alumnos de 2º de Primaria.
Traballo para os alumnos de 2º de Primaria.
Ola, vos días rapaces:
Hoxe vouvos proponer que vexades o vídeo dun libro adaptado para nenos e nenas de primaria; este libro chámase “El principito” en castelán foi escrito por un francés que era aviador Antoine de Saint- Exupéry. Picade no enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=xMdrJknUCQA
Tendes que velo dúas veces como facemos sempre, ou máis si é necesario, hai que facelo moi concentrados e atendendo a todo o que dín.
Despois contestades a estas preguntas sobre o vídeo, en castelán ou galego, podedes escribilas nun folio, libreta…, no que teñades a man. Os vosos país/ nais … ou os que estéan convosco poden facervos tamén preguntas sobre o visto.
Preguntas: (As dúbidas que teñades as resolveremos na clase cande voltemos, recordade que revisaremos o que ides facendo, non vos pegedes un atracón, facede algo cada día)
Quen é o protagonista do libro?
Cantas personaxes salen no libro que acabar de ver?
Que animais nomean?
Que animal lle di ao Principiño que o domestique?
Que lle dí cando lle pregunta que é domesticar? Escribe a oración con boa letra.
A quén lla repite despois o Principiño?
Que tipo de flor era a preferida?
Quen habitaba os tres planetas?
Que lles interesaba a cada un deles?
Facéde unha breve descrición física ( o que vemos deles) de cada un.
Fai un debuxo do que máis che gustou da história.
Buscade información sobre o escritor e facéde unha breve biografía.( Esto para outro día) .Ver no a súa vida para nenos e nenas.
https://www.youtube.com/watch?v=inswworTfNc
Onde naceu?
Que estudou?
A que se dedicou?
Que outras obras publicou?
En que ano se publicou “El principito”?
Cando e onde desapareceu?
Buscade coa axuda dos vosos país onde queda Córcega e despois onde está situada Chantada con respecto a ela.
https://es.wikipedia.org › wiki › Córcega
Que tipo de relevo ten?
Que mar a rodea?
Cantos habitantes ten?
Qué idioma se fala na isla de Corcega?
Canto mide Córcega?
Facede algo cálculo cada día para non vos esquecer.
Lede en voz alta, non é correr é facelo con claridade, vocalizando, que nos entendan, collede ben aire e facelo con calma.
Facede algún ditado e tamén copia dalgún libro sobre todo os que tedes mala ortografía, non hai que correr traballade con calma e descansade.
Para xogar propóñovos facer un avión de papel super fácil que podedes decorar a ovoso gusto. Pedide axuda e pasádeo ben
https://www.youtube.com/watch?v=b3bWIcOEPtE
Saúdos e coidádevos moito.