You are hereRecomendacións de traballo para os alumnos de 2º de Primaria.
Recomendacións de traballo para os alumnos de 2º de Primaria.
Bos días ás familias e a todo o alumnado de segundo de primaria:
Estas propostas son de repaso do aprendido e de tipo mecánico xa que os demáis aspectos do ensino deberemos traballalos na aula.
·
Lectura diaria alternando lecturas en galego e castelán. Pódense utilizar os libros de texto, contos, libros de lectura…
·
Escritura:
Ditado de oracións que contemplen as normas ortográficas traballadas: mp, mb… maiúsculas, sinfóns ( br, bl,cr,cl,pr,pl…)
Escritura dun diario no que contarán o que fixeron ao longo destes días. (Breve texto e cun debuxo alusivo)
·
Matemáticas:
Operacións de sumas e restas levando.
Problemas sinxelos de sumas e restas levando.
Escritura de números anterior e posterior ata o 899. Lémbrolles que en segundo traballase ata o 999.
Repaso e estudio das tablas de multiplicar.
·
En Ciencias Naturais : Investigar buscando datos curiosos de plantas, os seus usos na medicina, na industria... Apuntalos nunha folla, si é posible foto das follas, froitos e usos. Á volta as aulas faremos un pequeño mural con estes datos.
·
En Ciencias Sociais: Nun mapa da vosa localidade buscade donde se encontran os lugares que frecuentades e a distancia coa vosa casa, a escola, o parque, a casa dos avós , dos amigos, …podedes coa axuda dos vosos pais utilizar google maps.
·
Páxinas web de interés:
https://es.ixl.com/math/2-primaria
https://www.actiludis.com>lengua
https://www.tablasdemultiplicar.com
Lémbrade que é importante á constancia, traballar todos os días un pouco.Saúdos.