You are hereBlogues / blogue de nati / Un saúdo a toda a comunidade educativa.

Un saúdo a toda a comunidade educativa.


By nati - Posted on 18 Marzo 2020

 

Xa é moi repetitivo dicir que estamos nun momento moi especial.

Ben sabemos que é moi difícil permanecer na casa, pero é algo imprescindible pola nosa saúde e a dos que están ó noso arredor.

Dende este Departamento pedímosvos que, ademais de dedicarlle un tempo ás actividades escolares que dende cada titoría se vos propoñen, xoguedes moito cos vosos nenos e nenas.

É importante que os tempos se distribúan entre tarefas escolares e de ocio.

Cada certo tempo, pode ser media hora, deixade que se distraian para que o traballo sexa produtivo.

Lembrade que non se trata de avanzar materia (cando retomemos a vida normal xa se fará), agora o que pretendemos é repasar o xa feito.

Ademais das moitas páxinas que se vos van aconsellando dende os diferentes cursos, propoñemos xogos tan sinxelos como o parchís ou a oca (con eles traballamos o conteo), o bingo (repasamos a numeración), o "veo-veo” (cores, letras,...), a escoba (practicamos a suma), tres en raia, escoitar música e bailar... Con eles, repasamos contidos académicos e axudamos a pasar o tempo ós nosos maiores –tamén teñen que ser a nosa prioridade-.

Aproveitemos a situación para relacionarnos en familia. Os nosos maiores teñen moito que ensinarnos,  aprendamos deles.

 

 "E a xente quedou na casa.

E leron libros, escoitaron, descansaron, exercitaron, fixeron arte, xogaron xogos, aprenderon novas formas de ser e quedaron quietos.

E escoitaron máis profundamente.

Algúns meditaban, outros rezaban, algúns bailaron. Algúns atopáronse coas súas sombras.

E a xente comezou a pensar de xeito diferente.

"E a xente sandou.  E, en ausencia de persoas que vivían en formas ignorantes, perigosas, sen sentido e sen corazón, a terra comezou a sandar. "

E cando pasou o perigo, e a xente se uniu de novo, lamentaron as súas perdas, tomaron novas decisións, soñaron con novas imaxes e crearon novas formas de vivir e sandar a terra por completo, xa que foran sandados".

 Kitty O'Meara

 

Entre todos sairemos. Unha aperta

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar