Tarefas Lingua Galega 5ºB
Bo día, para os alumnos de 5ºB, empezamos tema novo. Para mañá mércores, lemos a lectura do tema 6, xa sabedes, dúas veces: a primeira para obter unha idea xeral do texto e a segunda para profundizar algo mais no tema. Subliñai aquel vocabulario que descoñezades, e facei uso do diccionario se é necesario.
A continuación, facemos os exercicios 1, 3, 4 e 6, no caderno; non é necesario que copiedes o enunciado, poñede a data e contestade as preguntas.
Para o xoves, lemos a páxina 87 e 88, de gramática, os demostrativos, e cando rematamos facemos os exercicios dende a mesma páxina, dandolle ó botonciño de arriba de todo, revisadelo antes de entregar e dadeslle a enviar.
Para o venres, adxuntovos un arquivo de comrpensión lectora, podedelo imprimir ou facelo directamente no ordenador, mándovolo en formato word para que o poidades modificar se queredes.
Para aqueles que queirades avanzar un pouco mais, adxúntovos un arquivo de repaso, lembrai que non é obrigatorio facelo, mais estaría moi ben que o fixerades todos, pois venvos moi ben para repasar o dado anteriormente e non esquecer o aprendido. Ó igual que no exercicio anterior, está en formato .doc así que podedes imprimilo ou facelo directamente no ordenador.
Un saúdo!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
comprension_lectora.doc | 101 KB |
fichas_repaso_lingua.doc | 226 KB |