You are hereVISITA DOS AXENTES FACULTATIVOS MEDIOAMBIENTAIS

VISITA DOS AXENTES FACULTATIVOS MEDIOAMBIENTAIS


By caloto - Posted on 29 Maio 2019

O día 20 de marzo, para celebrar o día da árboretivemos a visita no colexio dos axentes facultativos medioambientais da comarca de Chantada. Eles viñeron o colexio para facer varias actividades.
Primeirodéronnosunha charla onde nos falaron dos seguintes puntos:

•a importancia das árbores e do coidado do chan
•os anos das árbores
•as árbores centenarias e as autóctonas
•as árbores invasoras
•os problemas que sofren os nosos bosques: a deforestación, a contaminación, os incendios, a erosión….
•Dos permisos que existen á hora de queimar algo nun lugar.

A continuación saímosfora, e alí, ensináronnos a carroceta e diferentes utensilios que utilizan eles diariamente.
E por último, fixemosunha plantación de catroárbores do contorno: dousfreixos e dúas cerdeiras.
Queremos agradecer dende aquí a súa visita e a boa disposición e colaboración que tiveron.

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar