You are hereMOCHILAS VIAXEIRAS

MOCHILAS VIAXEIRAS


By caloto - Posted on 27 Abril 2017

Repartíronse 19 mochilas entre todos os cursos do colexio, para que durante unha semana toda a familia poida participar dos seus contidos:

-     Libros en galego: libros para mirar, libros ilustrados e con pouco texto,  libros divulgativos, que traballan valores...

-    Caderno viaxeiro: onde poder mostrar as vosas opinións e suxerencias sobre a actividade, os materiais...ou incluso facer algún debuxo.

-   Unha folla onde poder recoller algunha receita de sobremesas, propias da cociña tradicional da nosa zona. Recompilarémolas para elaborar un receitario.

Os libros seleccionados son:

-    Infantil 3 anos: “Gatuxo”, “Queres coñecerme?”, “O sono do osiño rosa” e “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”.

-    Infantil 4 anos: “O carballo con botas”, “Cando nace un monstro”, “Lobo feroz”, “A miña amiga a escuridade”, “Yared e a reciclaxe” e “De maior quero ser”.

-    Infantil 5 anos: “A cebra Camila”, “Avós” e “Sígueme”.

-    1ºA e 1ºB: “Chocolata”, “O carballo con botas” e “Contos en cantos”.

-    2ºA: “Quen me quere adoptar?” e “Contos en cantos”.

-    2ºB: “Un tren cargado de misterios” e “Cartas que veñen e van”.

-   3ºA: “Querida Susi, Querido Paul”, “Ola, ola, la!”, “María Fumasa”, “Sobre os bichiños” e “Sobre os reptiles”. Xa iniciaron unha segunda ronda con estes libros: “Kika Superbruxa e os piratas”, “Kika Superbruxa na procura do tesouro”, “Mamá Cabra: A bruxa discordia. Cancións para a paz”, “Mamá Cabra: Bicos de música”, “As marcas dos animais” e “O planeta das curiosidades”.

-    3ºB: “Estamos no verán”, “Pregunta ao Dr. Peteiro sobre o planeta Terra” e “Pregunta ao Dr. Peteiro sobre o tempo”.

-    4º: “Contos para nenos que dormen enseguida” e “O peto máxico”.

-    5º: “Contos para nenos que dormen enseguida”, “Cos pés no aire”, Kika Superbruxa e os indios” e “O misterio dos fillos de Lúa”.

-    6º: “Contos para nenos que dormen enseguida”, “A bruxiña da sorte”, “Orla Tragarrás” e “Xan Guindán mensaxeiro”.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar