You are hereMATRÍCULA CURSO 2024/2025
MATRÍCULA CURSO 2024/2025
O prazo de solicitude de MATRÍCULA para o vindeiro curso escolar 2024-2025 estará aberto desde o 20 ao 30 de XUÑO.
Poderá solicitar matrícula o alumnado que foi admitido no proceso de admisión.
Documentación a aportar:
- Impreso de solicitude debidamente cumprimentado e asinado por un proxenitor ou polos dous proxenitores en caso de separación ou divorcio.
- Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e de estar vacinado segundo o calendario oficial.
- Fotocopia dos DNI dos proxenitores/representantes legais
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
- Autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a.
- Solicitude de uso de Servizos Complementarios (se é o caso)
- Autorización para a recollida á saída das clases.
- Autorización de recollida do alumnado en horario lectivo.
- Autorización para as saídas dentro da comarca.
- Cuestionario sobre a lingua materna en E. Infantil.
- Dúas fotografías tamaño carné.
Os impresos de solicitude foron remitidos por correo electrónico aos interesados. Tamén se poden retirar en Conserxería ou en Internet no seguinte enlace:
A DOCUMENTACIÓN COMPLETA DEBERASE ENTREGAR NAS OFICINAS DO COLEXIO PREVIA CITA
NOTAS:
- Cita previa para a presentación da documentación (Tfono.: 982 82 81 33).
- Os alumnos que cursan este ano 6º de E. Infantil neste colexio recibiron nos seus domicilios os documentos de actualización de datos que deberán cubrir e presentar antes do 20 de xuño para comezar os seus estudos de E. Primaria obrigatoria o vindeiro curso.
- O resto do alumnado lembramos que ten permanencia garantida, polo que non terá que realizar solicitude de matrícula.
- Os usuarios de comedor escolar, a parte da solicitude que presentaron, terán que cubrir os impresos de autoliquidación que se lle facilitarán no centro cando se abra o prazo.
Etiquetas