You are hereBlogues / blogue de raquel / Día da muller- 2024
Día da muller- 2024
… E un lembra a Etheria, a peleriña;
a María Baleria, a xograresa;
á doce, fonda, tristeira e veradeira
nai de Galicia, Rosalía;
á Pardo Bazán, tan segura de si
e tan sabida; á valente María Pita;
a Concepción Arenal, escoando amor,
dun xeito inesgotable…
Galicia é unha muller.
Galicia, néboa imprecisa,
río ó que nun se lle ve o fondo,
dor que nos manca,
casa de canteira tan velliña,
ten nome femenino,
un nome moi fermoso de muller.
Galicia, nosa nai,
nosa dona,
nosa irmá,
nosa amiga.
Galicia noso desacougo
e nosa vida.
Tódalas nosa mulleres son Galicia:
voz que nos chama e nos arrola,
luz que nos aluma,
amor que nos acende;
tenrura que aceiamos
e nos compre.
¡Esperanza ergueita
cara un futuro limpo,
noso,
que agardamos!
Manuel María
Adxunto | Tamaño |
---|---|
1710674791063.jpg | 260.47 KB |
1710674791070.jpg | 271.09 KB |
1710674791078.jpg | 236.91 KB |
1710674791086.jpg | 148.46 KB |
1710674791100.jpg | 312.93 KB |