You are hereMATRÍCULA CURSO 2022/2023
MATRÍCULA CURSO 2022/2023
O prazo de solicitude de MATRÍCULA para o vindeiro curso escolar 2022-2023 estará aberto desde o 20 ao 30 de XUÑO.
Poderán solicitar matrícula:
- EN E. INFANTIL: O alumnado que foi admitido no proceso de admisión.
- EN E. PRIMARIA:
- O alumnado que cursa 6º de E. Infantil no centro este curso.
- O alumnado que foi admitido no proceso de admisión.
Documentación a aportar:
- Impreso de solicitude debidamente cumprimentado e asinado por un proxenitor ou polos dous proxenitores en caso de separación ou divorcio.
- Fotocopia do libro de familia (ou documento acreditativo similar) na que estea rexistrado o nacemento do/a neno/a a matricular.
- Fotocopia do libro de familia (ou documento similar) na que se acredite o matrimonio dos pais ou -se e o caso– copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e de estar vacinado segundo o calendario oficial.
- Fotocopia dos DNI dos proxenitores/representantes legais
- Certificado de inclusión no padrón municipal de habitantes.
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
- Autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a.
- Solicitude de uso de Servizos Complementarios (se é o caso)
- Dúas fotografías tamaño carné.
Os impresos de solicitude pódense retirar en Conserxería ou en Internet no seguinte enlace:
A DOCUMENTACIÓN COMPLETA DEBERASE ENTREGAR NAS OFICINAS DO COLEXIO PREVIA CITA
NOTAS:
- Cita previa para a presentación da documentación (Tfono.: 982 82 81 33).
- Os alumnos que cursan este ano 6º de E. Infantil neste colexio recibirán nos seus domicilios os documentos que deberán cubrir e presentar para comezar os seus estudos de E. Primaria obrigatoria o vindeiro curso.
- O resto do alumnado lembramos que ten permanencia garantida, polo que non terá que realizar solicitude de matrícula.
- Os usuarios de comedor escolar, a parte da solicitude que presentarán do 20 ao 30 de xuño, terán que cubrir os impresos de autoliquidación que se lle facilitarán no centro cando se abra o prazo.
Etiquetas