You are hereAxudas para libros - curso 2022/2023
Axudas para libros - curso 2022/2023
Están convocadas as AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, así como a PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados (anexo I e anexo II) dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Para presentala presencialmente no centro deberá solicitar cita previa no teléfono 982 828 133 (en horario lectivo). Antes deberanse descargar e cubrir estes impresos:
- Anexo II (para o caso de que haxa máis de 3 membros computables)
ou solicitalos en conserxería sen necesidade para isto de cita previa.
O prazo de presentación remata o vindeiro 22 de xuño.
IMPORTANTE: o alumnado que no curso 2022/2023 curse estudos de 1º de ESO deberá presentar a solicitude no IES no que foi admitido.