You are hereBlogues

Blogues


"Meteoescolas", plan Proxecta+ sticky icon

Como ven ocorrendo estes últimos cursos, cada ano escollemos un proxecto sobre o que se articulan todas as actividades realizadas no centro escolar. Este ano levamos a cabo o proxectro "Meteoescolas", pertencente ao programa Proxecta +. Tras diversas investigacións levadas a cabo polo noso alumnado, procedeuse á elaboración deste gran mural "Meteoescolas" que podedes ver na imaxe superior. Cada ciclo encargoude dunha actividade:

Infaltil: realizou un reconto diario do tempo.

1º Ciclo: apadriñaron unha árbore para observar a súa evolución co paso das estacións.

2º ciclo: levaron a cabo unha ampla investigación sobre as nubes.

3º ciclo: realizaron un rexistro da temperatura diaria en comparación coas previsións meteorolóxicas.

Visita do Corpo Nacional De seguridade sticky icon

Hoxe visitounos o corpo nacional de seguridade. Tivemos unha charla na aula, onde aprendemos moitas cousas sobre seguridade vial, e despois puidemos ver un coche de policía, con sirena e todo!

OBRADOIRO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA sticky icon

O día 5 de maio, ás 12:15 da mañá, tivo a ocasión de participar nun obradoiro de música tradicional, o alumnado de 3º e 4º de Primaria.

A entidade organizadora foi a Fundación Legar.

O fin deste obradoiro non é outro que preservar e dar a coñecer a nosa música e os nosos instrumentos tradicionais.

No obradoiro puidemos coñecer moitos instrumentos tradicionais da nosa tradición galega, ó tempo que experimentar as danzas e os cantos que realizaban os nosos antergos.

https://www.fundacionlegar.org/

Letras Galegas sticky icon

Francisco Fernández Del Riego

Elaborouse un mapa biliográfico cos aspectos relevantes da súa vida e obra.

 

Títeres sticky icon

O equipo de dinamización da Lingua Galega, con motivo da semana das Letras Galegas, organizou un espectáculo de títeres no auditorio de Chantada. O espectáculo titulábase "A regadora do asubiote", a cargo de Viravolta títeres.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar