ESPECTÁCULO PARA AS FAMILIAS "ARBOLITO Y LA ABUBILLA". CONCELLO DE CABANAS.

04/09/2024 20:30
Europe/Madrid
O Concello de Cabanas informa do ESPECTÁCULO FAMILIAR programado para realizar este sábado 7 de setembro de 2024, na Escola Laica (Casa da Cultura), ás 12:30 horas.
O título do espectáculo é "Arbolito y la Abubilla", a cargo do grupo Ajayú Dúo
Trátase dun conto orixinal cantado en concerto interactivo para gozar en familia. Arbolito  é o personaxe principal e a narradora é Abubilla, na que se conta unha historia de transformación persoal que reivindica a necesidade de dedicar tempo ao que amamos.
A súa duración será dunha hora.
É unha actuación incluída no Programa Dinamiz-ARTj, programa da Red Cultural do Instituto para la Transición Justa (ITJ) para executar pola Fundación Ciudad de la Energía - CIUDEN, F.S.P.