Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Marzo 11, 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
11
12
13
Start: 13/03/2024 21:25

Dende a pasada semana xa está instalado e en funcionamento o Punto Laranxa contra o acoso escolar, tanto na entrada do colexio coma na páxina web do centro.


O seu funcionamento é como o dun buzón a través do cal o alumnado ou familia pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufra o alumnado ou perciban en terceiros.

Para xestionar este buzón, en cada centro educativo constitúese un equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro.

Deste xeito, o alumnado conta cun equipo de referencia ao que dirixirse en caso de que o precise. Ademais, no novo Protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar recentemente actualizado, establécese un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.

14
Start: 14/03/2024 18:02

Para conmemorar este día, que coincide ademáis co DÍA DA ÁRBORE, o equipo de biblioteca do cole argallou esta actividade tan bonita.

Mostrarémosvos o resultado da mesma.

Recordade que  para ver esta e outras actividades da nosa biblioteca de centro, podedes visitar o seu blog: http://libroucho.blogspot.com/

15
16
17
Distribuir contido