Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Marzo 13, 2024
Start: 13/03/2024 21:25

Dende a pasada semana xa está instalado e en funcionamento o Punto Laranxa contra o acoso escolar, tanto na entrada do colexio coma na páxina web do centro.


O seu funcionamento é como o dun buzón a través do cal o alumnado ou familia pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufra o alumnado ou perciban en terceiros.

Para xestionar este buzón, en cada centro educativo constitúese un equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro.

Deste xeito, o alumnado conta cun equipo de referencia ao que dirixirse en caso de que o precise. Ademais, no novo Protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar recentemente actualizado, establécese un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.

Xoves Marzo 14, 2024
Start: 14/03/2024 18:02

Para conmemorar este día, que coincide ademáis co DÍA DA ÁRBORE, o equipo de biblioteca do cole argallou esta actividade tan bonita.

Mostrarémosvos o resultado da mesma.

Recordade que  para ver esta e outras actividades da nosa biblioteca de centro, podedes visitar o seu blog: http://libroucho.blogspot.com/

Venres Marzo 22, 2024
Start: 22/03/2024 18:48

A continuación podedes acceder ao programa de Radio Cabanas especial 8M, aínda que tivo moito máis que iso, se queredes descubrilo, quedade por aquí para disfrutar deste marabilloso programa.

 

Martes Abril 02, 2024
Start: 02/04/2024 19:06

Nesta presentación podedes ver un pequeno resumo da preciosa actividade que fixeron as nenas e nenos para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o pasado 23 de febreiro. Os grandes ventanais que soben á planta superior do colexio foron os seus lenzos onde plasmaron preciosos poemas da artista, e onde os máis pequenos lles fixeron flores, aquelas que tanto lle gustaban a Rosalía.

 

 

 

Tamén no blog de Biblioteca podedes ver máis acerca desta conmemoración.

LIBROUCHO: 23 de febreiro: Día de ROSALÍA DE CASTRO

 

Domingo Abril 07, 2024
Start: 07/04/2024 23:08

Xoves Abril 11, 2024
Distribuir contido