DOCUMENTOS DE ADMISIÓN: Impresos oficiais cubertos e asinados: Anexo II DOG.
- Impreso admisión galego.
- Impreso admisión castelá.
- Documento acreditativo da idade do neno/a.
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
- Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
CENTRO DE ADSCRICIÓN DO CEIP PLURILINGÜE ELADIA MARIÑO: IES Breamo.
SERVICIOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO:
- Transporte escolar
- Comedor de xestión directa.
- Servizo de Amencer na Escola xestionado pola Concello de Cabanas.
- Actividades extraescolares xestionadas polo Concello de Cabanas.
INFORMACIÓN A TER EN CONTA:
- Todo o alumnado poderá presentar a súa solicitude de admisión pedindo ata 6 centros por orde de preferencia. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar ou poderase realizar a través da SEDE ELECTRÓNICA (ED550B).
- Na solicitude de admisión a persoa poderá obtar, de ser o caso, expresamente por un posto reservado a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
- Despois de presentar unha solicitude de admisión para renunciar deberá facerse expresamente indicándoo na casilla correspondente da nova solicitude.
- A existencia dunha solicitude de admisión en prazo e sen renunciar expresamente á anterior poderá ser causa de pérdida do dereito a participar no procedemento.
- A solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno e alumna e terá caracter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
- A admisión e matriculación nun centro docente implicará respectar o seu proxecto educativo.
- Poderase consultar a información relativa ao proceso de matrícula(estado de tramitación, previsión de postos...) na aplicación admisión alumnado. (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)
Podedes recoller os formularios para a admisión e matrícula na secretaría do centro ou chamando ao teléfono 981431848, así como resolver calquera outra dúbida relacionada co proceso.