Eventos
DOCUMENTOS DE ADMISIÓN: Impresos oficiais cubertos e asinados: Anexo II DOG.
- Impreso admisión galego.
- Impreso admisión castelá.
- Documento acreditativo da idade do neno/a.
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
- Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
CENTRO DE ADSCRICIÓN DO CEIP PLURILINGÜE ELADIA MARIÑO: IES Breamo.
SERVICIOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO:
- Transporte escolar
- Comedor de xestión directa.
- Servizo de Amencer na Escola xestionado pola Concello de Cabanas.
- Actividades extraescolares xestionadas polo Concello de Cabanas.
INFORMACIÓN A TER EN CONTA:
- Todo o alumnado poderá presentar a súa solicitude de admisión pedindo ata 6 centros por orde de preferencia. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar ou poderase realizar a través da SEDE ELECTRÓNICA (ED550B).
- Na solicitude de admisión a persoa poderá obtar, de ser o caso, expresamente por un posto reservado a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
- Despois de presentar unha solicitude de admisión para renunciar deberá facerse expresamente indicándoo na casilla correspondente da nova solicitude.
- A existencia dunha solicitude de admisión en prazo e sen renunciar expresamente á anterior poderá ser causa de pérdida do dereito a participar no procedemento.
- A solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno e alumna e terá caracter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
- A admisión e matriculación nun centro docente implicará respectar o seu proxecto educativo.
- Poderase consultar a información relativa ao proceso de matrícula(estado de tramitación, previsión de postos...) na aplicación admisión alumnado. (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)
Podedes recoller os formularios para a admisión e matrícula na secretaría do centro ou chamando ao teléfono 981431848, así como resolver calquera outra dúbida relacionada co proceso.
Xogando pola memoria: científicas e inventoras
Dende o pasado sábado, dúas das nosas mestras formadas no proxecto LÓVA, atópanse en Grecia, grazas a acreditación Erasmus+ Escolar do CFR de Ferrol na que participa o noso centro educativo para ampliar a súa formación no proxecto LÓVA e no desenvolvemento de actividades artísticas e culturais conectadas co teatro.
Atópanse en Livadia, Grecia desenvolvendo a actividade formativa "Hellenic Civilization and Greek Drama".
De seguro virán cargadas de novas vivencias e coñecementos para transmitira logo ao profesorado e seguir aprendendo en comunidade.
Disfrutade e aproveitade a oportunidade de seguir sempre aprendendo!
Podedes ver a continuación un breve resumo das actividades que se realizaron polo DÍA DA PAZ.
Desexamos que disfrutedes vendo o festival de entroido DE CINE, deste 2024. Grazas a todas as familias por acompañarnos nese día.
VÍDEO RESUMO ENTROIDO 2024
Dende a pasada semana xa está instalado e en funcionamento o Punto Laranxa contra o acoso escolar, tanto na entrada do colexio coma na páxina web do centro.
O seu funcionamento é como o dun buzón a través do cal o alumnado ou familia pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufra o alumnado ou perciban en terceiros.
Para xestionar este buzón, en cada centro educativo constitúese un equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro.
Deste xeito, o alumnado conta cun equipo de referencia ao que dirixirse en caso de que o precise. Ademais, no novo Protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar recentemente actualizado, establécese un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.
Para conmemorar este día, que coincide ademáis co DÍA DA ÁRBORE, o equipo de biblioteca do cole argallou esta actividade tan bonita.
Mostrarémosvos o resultado da mesma.
Recordade que para ver esta e outras actividades da nosa biblioteca de centro, podedes visitar o seu blog: http://libroucho.blogspot.com/
![Events at <em>CEIP PLURILINGÜE ELADIA MARIÑO. </em> Distribuir contido](/centros/ceipeladiamarino/misc/feed.png)