Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
22
| 23
Start: 23/01/2024 19:11
Boa tarde, familias,
Achegamos a orde do día da asemblea xeral ordinaria, a celebrar o vindeiro venres 26 de xaneiro ás 17.30h. no local da ANPA.
A continuación celebraremos a asemblea extraordinaria coa orde do día que tamén achegamos.
Lembramos que, para aquelas familias que teñan pendente o pago da cota anual, poden facer o ingreso (12 €/familia) na conta de ABANCA IBAN: ES92 2080 0201 9730 4001 3082, para poder exercer o dereito ao voto.
CONCEPTO: nome e apelidos do/a primeiro/a socio/a (NAI/PAI/TITOR-A)
e entregar o resgardo bancario de pago da cota anual por correo-e ou Whatsapp, no número de teléfono 624. 230. 206.
Un saúdo
A xunta directiva.
| 24
| 25
Start: 25/01/2024 19:26
"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño" - Mahatma Ghandi - O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. E nese Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar. Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas. Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas. (Texto da páxina de UNICEF).
Ademáis do cartaz informativo das actividades deste día, deixamos o baile que todas as nenas e nenos do centro están a preparar na materia de música, por se queren dende os fogares seguir ensaiando o baile, onde as familias tamén podedes ser partícipes. Start: 25/01/2024 19:54
No pasado curso escolar 2022-2023, o alumnado de 6º de Educación Primaria participou no Pim Pam Experimenta 2023, onde acudiron aos estudos de gravación da TVG como concursante deste programa científico. Xa podedes ver este é outro programas doutros centros educativos na canle xabarín.gal, onde se están a emitir. Desexamos que disfrutedes co visionado!
| 26
| 27
| 28
|