Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Xaneiro 09, 2024
Martes Xaneiro 23, 2024
Start: 23/01/2024 19:11
Boa tarde, familias, 
 
Achegamos a orde do día da asemblea xeral ordinaria, a celebrar o vindeiro venres 26 de xaneiro ás 17.30h. no local da ANPA. 
A continuación celebraremos a asemblea extraordinaria coa orde do día que tamén achegamos.
 
 
Lembramos que, para aquelas familias que teñan pendente o pago da cota anual, poden facer o ingreso (12 €/familia) na conta de ABANCA IBAN: ES92 2080 0201 9730 4001 3082, para poder exercer o dereito ao voto.
 
CONCEPTO: nome e apelidos do/a primeiro/a socio/a (NAI/PAI/TITOR-A)
e entregar o resgardo bancario de pago da cota anual por correo-e ou Whatsapp, no número de teléfono 624. 230. 206.
 
Un saúdo
A xunta directiva.
 
Xoves Xaneiro 25, 2024
Start: 25/01/2024 19:26

"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño"

 - Mahatma Ghandi -

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro.

E nese Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas. (Texto da páxina de UNICEF).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademáis do cartaz informativo das actividades deste día, deixamos o baile que todas as nenas e nenos do centro están a preparar na materia de música, por se queren dende os fogares seguir ensaiando o baile, onde as familias tamén podedes ser partícipes. 

Start: 25/01/2024 19:54

No pasado curso escolar 2022-2023, o alumnado de 6º de Educación Primaria participou no Pim Pam Experimenta 2023, onde acudiron aos estudos de gravación da TVG como concursante deste programa científico.

Xa podedes ver este é outro programas doutros centros educativos na canle xabarín.gal, onde se están a emitir.

Desexamos que disfrutedes co visionado!

 

Xoves Febreiro 01, 2024
Start: 01/02/2024 21:16

Ola familias!

O próximo xoves, 8 de febreiro, teremos un fantástico obradoiro de máscaras de Entroido con @pedrasartesan. Será ás 17:30 horas no Colexio.

Podedes inscribirvos enviando un correo anpa.o.castineiro@gmail.com ou por WhastsApp no teléfono 624230206.

Contamos con vós.

 

Start: 01/02/2024 21:31

Achégase o entroido e o vindeiro luns comezamos cos mandatos do MECO, que neste curso 23-24 teñen moita relación co proxecto anual de centro: O CINE.

Queremos recordar que son mandatos NON ACUMULATIVOS, e que, na medida do posible, as familias manteñades a intriga do mandato do seguinte día, pois as nenas e nenas descoñecen o que lles pide o MECO para o día seguinte, será TODO UNHA SORPRESA!

 

Tamén achegamos o programa para o día 9 de febreiro, FESTA DE ENTROIDO.

Esperámosvos para pasar ese día con nós. Será un día de CINE!

Distribuir contido