Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Abril 27, 2023
Start: 27/04/2023 22:06

A Festa dos maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Siñifica o revordecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza ( Vicente Risco).


Bonitas palabras que lle adicaba o autor a esta festividade. No colexio queremos seguir con esta tradición tan bonita como son Os Maios, polo que precisamos que dende a casa nos axudedes para realizar o noso Maio.

O día 5 de maio será a data de celebración, para as nenas e nenos do colexio.

O equipo de dinamización da lingua galega, deixa a información a continuación.


Grazas pola vosa colaboración.

 

 

Venres Abril 28, 2023
Start: 28/04/2023 22:42

Comezamos coas actividades para a conmemoración da Semana das Letras Galegas no noso centro, que este ano están adicadas ao autor  Francisco Fernández del Riego. 

A continuación podedes ver as bases para a elaboración do voso Minilibro. Estamos desexando ver que creacións tan marabillosas realizades.

 

Martes Maio 02, 2023
Start: 02/05/2023 23:00

Aquelas familias que desexen formalizar a matrícula de novo ingreso, para o vindeiro curso 2023-2024 poderán facelo dentro do prazo establecido, do 20 ao 30 de xuño, onde deberán presentar a seguinte documentación no centro escolar.

Para axilizar o traballo e que poidades ir recompilando e cumprimentado toda a documentación, deixamos a continuación un resumo cos documentos a presentar. Podedes descargarlos premendo no documento en cuestión ou en anexos.

 

 

Queremos recordar que todo aquel alumnado que o precise pode inscribirse no Plan de Alerta Escolar. A continuación podedes ver, picando na imaxe, todo o relativo ao mesmo.

cerotrescolectivo

Calquera dúbida, podedes consultarnos no teléfono 981431848 ou no correo do centro ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal

 

Xoves Maio 04, 2023
Start: 04/05/2023 19:46
Achegamos a información que nos fai chegar a Asociación de Mulleres Rurais de Cabanas.
 
Dende Cabanas Rural temos o gusto de informarlles que temos en marcha o III Concurso e narrativa e debuxo, organizado pola nosa Asociación. Nos próximos días levaremos ao centro as caixas habilitadas para tal fin, para que o alumando poida participar.
 
Este ano a diferencia dos anteriores os agasallos dos participantes entregaranse no Pavillón de Lavandeira, de modo presencial, os que non poidan recollelos ese día, estarán a sua disposición na escola de Lavandeira durante a semana seguinte.
 
Adxuntamos as bases e o cartel.
 
Ademais haberá un obradoiro para a rapazada que participe no concurso.
 
Moitas gracias e un agarimoso saúdo.
 
 
 
Venres Maio 12, 2023
Start: 12/05/2023 10:26

A vindeira semana celebrarase no centro a Semana das Letras Galegas, que homenaxea neste ano 2023 a Francisco Fernández del Riego.

Estas son as actividades programadas para a súa celebración.

 

Así mesmo, deixámosvos a continuación un enlace a páxina web da  Real Academia Galega onde pon a disposición de todo o público interesado material diverso para commemorar o Día das Letras Galegas 2023.

Premede na imaxe para acceder ao seu contido.

Martes Maio 16, 2023
Start: 16/05/2023 23:14

Por aquí deixamos un pequeno vídeo resumo da celebración da festa dos Maios 2023. Desexamos que disfrutedes del.

 

Distribuir contido