Ola familias!:
Que tal os xogos da semana pasada?
Esta semana, como novidade, temos outros dous xogos on line realizados especialmente para vos que cremos que vos encantarán. Podedes xogar nun ordenador, tablet ou incluso teléfono móbil:
- Juego ayudando a los monstruos
- Kahoot!: Descomposición de números
Traballaremos os animais mediante diferentes actividades, espero que teñades ganas de aprender moitas cousas!
Por último, comezaremos a facer tarefas nos libros de texto. Tedes colgadas unhas instruccións e vídeo titorial de como acceder a vídeos e audios. Complementaremos este traballo con fichas e outras tarefas.
Algunhas actividades podedes editalas e facelas no voso dispositivo. Outras será necesario imprimilas ou ben ler os textos e enunciados no dispositivo e responder nunha folla ou libreta, seguindo as mesmas pautas das semanas anteriores.
Recordade consultar os blogues da aula, cada semana colgaremos algunha cousiña!
https://adeaprendemos.blogspot.com/
https://oblogdeceliac.blogspot.com/
Un saúdo e moito ánimo a tod@s!!!
Rubén e Lupe
Insistimos en RECORDAR a importancia de que non saiamos da casa segundo se establece no Real Decreto que establece o Estado de Alarma no que nos atopamos.