Skip to Content

NOVAS

1º Ciclo de E.P.

De campamento!

QUE BEN O PASAMOS!

Os días 18 e 19 de maio tivo lugar a saída prevista e esperada ao camping Fieitás de O Grove. Os 55 rapaces e rapazas participantes nestas xornadas de convivencia tiveron a oportunidade de disfrutar dun montón de actividades ao aire libre organizadas e dirixidas polos monitores das instalacións. Entre outras destacamos a marcha ata a praia da Lanzada para practicar surf, o rocódromo para realizar escalada, a tirolina e a construción de vivacs ou refuxios no monte... sen esquecernos da oportunidade de pasar a noite cos amigos e amigas sen papá e mamá. Toda unha experiencia para os nosos alumnos e alumnas que o pasaron "de medo"...volvemos o próximo curso?

Conmemoración do día mundial da diabete (14 de novembro)

Os alumnos e alumnas de 2º B, representan dentro do círculo azul, que simboliza a diabete, a pirámide de alimentos.

Con esta actividades, queriamos incidir na importancia dunha boa alimentación, e facer constar que todos comemos igual:

Uns con balanza e outros sen ela.

Come froita

Comezando coas actividades programadas dentro da actuación "Aliméntate ben" do Plan Proxecta, os nenos e nenas de 2º B, durante unha semana rexistramos as froitas e verduras que comemos.

Comer froitas e verduras é bo para a nosa saúde, e ademais... están riquísimas!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut