Skip to Content

NOVAS

ABRAHAM CARREIRO

Co motivo do proxecto de mellora da biblioteca Tambo, levouse a cabo unha actividade moi gratificante como foi a visita do ilustrador Abraham Carreiro. Aproveitamos as súas cualidades artísticas para aprender a debuxar animais dunha forma sinxela, práctica e efectiva.

Como recordo desta sesión deixounos un orixinal debuxo da nosa mascota, o que poderedes ver na biblioteca cando abra as súas portas.

Participaron nesta xornada os alumnos do 2º e 3er ciclo de primaria, facendo os seus "pinitos" no mundo da ilustración.

A continuación presentamos unhas fotos que resumen a actividade. A ver cantos famosos/as ilustradores/as saen desta sesión!!!!!!!.



blog | by Dr. Radut