COMEDOR ESCOLAR CURSO 2016/17
Unha vez resoltas as reclamacións e incluídas as solicitudes de fóra de prazo COMUNÍCASE que está admitido no COMEDOR ESCOLAR todo o alumnado que o solicitou.
INFÓRMASE QUE En cumprimento do DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación e da Instrucción 2/2016, da SXT da Consellería de Cultura, Educación e O.U., do 30 de maio, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2016/17 as familias dos comensais admitidos deben entregar antes do 13/09/2016, na secretaría do centro o impreso de autodeclaración de prezos públicos cuberto na súa totalidade para poder determinar a contía da tarifa que lles corresponde aboar.
LISTAXES COMEDOR ESCOLAR
LISTAS DEFINITIVAS COMEDOR ESCOLAR
As solicitudes fóra de prazo serán resoltas no Consello Escolar do mes de setembro.
LISTAXES ADMITIDOS/AS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2016/17
No Consello Escolar de 30 de xuño, aprobáronse as listaxes provisionais de alumnado admitido para o Comedor Escolar do curso 2016/17. O prazo de reclamación contra estas listaxes, está aberto dende o 1 ata o 8 de xullo. Pódense presentar devanditas reclamacións na secretaría do centro en horario de 10:00h a 13:00h.
As listaxes estarán expostas no taboleiro do centro ou consultalas PREMENDO NESTE ENLACE.
O alumnado que entregou a solicitude fóra de prazo, formará parte dunha lista de espera ordenada cronolóxicamente que será resolta no mes de setembro.
LISTAXES DE LIBROS, CHEQUES E VALES DAS AXUDAS DA CONSELLERÍA
Por problemas técnicos e informáticos non se poden publicar as listaxes PROVISIONAIS DE LIBROS ADXUDICADOS, CHEQUES E VALES ata novo aviso.
Mantéñense os prazos de dous días, para a reclamación ás listaxes provisionais, a partir da data de publicación.
Publicaranse nesta web e expoñeranse na entrada do centro.
Desculpade as molestias.
LISTAS DEFINITIVAS ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS CURSO 2016/17
Elévanse a DEFINITIVAS as listas provisionais publicadas o 18 de abril, por non haber reclamacións nin modificación algunha. Son aprobadas no CONSELLO ESCOLAR DO 9 DE MAIO.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Artigo 31. Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas
Artigo 32. Impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: recurso de alzada ou reclamación
1. No caso de centros públicos, contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
3. En ambos casos, a resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa. Na notificación desta resolución á persoa interesada deberá indicarse expresamente, que contra esta cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo, o órgano competente e o prazo para a súa interposición.
Do 20 ao 30 de xuño:
Formalización da matrícula
con impreso que se recolle no centro a partires do 15 de xuño.
SE FINALIZADO O PRAZO DE MATRÍCULA NON SE FORMALIZASE ESTA, DECAERÁ O DEREITO Á PRAZA OBTIDA.
LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS CURSO 2016/17
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Artigo 30. PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS E RECLAMACIÓNS
1. Á vista das solicitudes de admisión presentadas, e unha vez determinada a puntuación resultante de aplicar os criterios de baremo, se é o caso, o centro publicará no seu taboleiro de anuncios e na súa páxina web a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso, por orde da puntuación total obtida.
2. De acordo coas garantías e límites da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais coa puntuación desagregada dos criterios de baremo na secretaría do centro.
3. As listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas deberán publicarse antes do día 25 de abril de cada ano, indicando expresamente que se
PODERÁ FORMULAR RECLAMACIÓN NO PRAZO DE 5 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DO SEGUINTE AO DA SÚA PUBLICACIÓN, ANTE O CONSELLO ESCOLAR. (PRAZO DE RECLAMACIÓN ATA MARTES 26 DE ABRIL)
1.LISTAS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)
2.LISTAS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
3.LISTAS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2016/17
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, publícanse os formularios de solicitudes para o curso 2015/16, en galego e castelán.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »