Hoxe por fin puidemos traballar coas mesas de traballo da Aula de Ciencias completamente limpas. É incrible a diferenza. Queremos dar as grazas de corazón ás nais que pasaron media tarde do martes lixándoas a base de ben para que puidesemos gozar delas e sacarlles todo o partido posible.
As pezas xa están todas secas así que agora toca pintar.