O que aparece na primeira foto é o insecto pau do 2ºCiclo, os demais son netos.. ahí os tedes todos contentos e felices e indo xa a pola cuarta xeración:
Hoxe estivemos de sesión fotográfica na Área da Natureza. Mirade que ben mantidas están as nosas ras e como medrou o peixiño que botou a profe Montse na poza cando rematou o curso pasado.
Tamén estivemos no invernadoiro... os pementos e os tomates van vento en popa.
Este comezo de curso levamos unha boa sorpresa. Resulta que unha das casiñas que tiñamos colgadas nunha das paredes exteriores do colexio para que os paxaros fixeran o seu niño, foi ocupada por todo un enxamio de abellas, e dedicimos aprender unhas cantas cousas sobre elas pois algúns nenos lles tiñan "desconfianza". O resultado foi o mural que se ve no video.
En canto o rematamos, baixámosllo a aula de Educación Infantil e contámoslles todo o que aprenderamos, e incluso o completaron despois con traballos feitos por eles.