Agasallo, unha guía na que se dan propostas de regalos en galego para o tempo de Nadal

A Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, xunto coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) editaron Agasallo (www.agasallo.eu), unha guía que inclúe unha selección de novas creacións e produtos, de libros, discos, aparellos electrónicos, fragrancias, camisolas, cinema, xogos, etc.