Museo Exipcio na aula do 3º Ciclo

Estes días desfrutamos na aula do 3º ciclo dun "Minimuseo" con paneis informativos referidos a distintos aspectos da cultura e da vida cotiá no antigo Exipto.

 

 

Cada un dos paneis ten unha cor distinta. As cores representan as ambientacións das distintas "salas".

 

 

Os temas vanse sucedendo segundo pasamos dunha sala a outra: A vida privada, os segredos de beleza, a construcción das pirámides, o eterno Nilo, o proceso de momificación, a avanzadísima mediciña, a educación dos nenos e nenas...

 

Ao prindipio camiñamos polo museo como turistas interesados, fixándonos nos detalles que máis nos chaman a atención e tratando de recordar en que "sala" se atopan. Cando rematamos collemos unha "Ficha de Investigación" e como por arte de maxia convertémonos en estudios@s da cultura exipcia na busca de información.

           

 

Se queredes saber máis sobre Exipto podedes botarlle unha ollada a algún destes libros sobre o tema. É unha recopilación que fixeron no IES As Mariñas de Betanzos e entre eles hai moi boas suxerencias para pedir un agasallo especial este Nadal: